40 research outputs found

    Poemas

    Get PDF

    Valente dende as cartas de alén

    Get PDF
    Testemuño persoal da relación literaria con José Ángel Valente e da correspondencia enviada por este a Galicia durante os anos oitenta e noventa, períodos nos que o poeta ourensán morou en Xenebra, París e Almería

    Borges para Valente: de Aleph a Alef

    Get PDF
    Neste artigo reúnense por primeira vez todas as referencias feitas por José Ángel Valente, na súa obra creativa e crítica, a Jorge Luis Borges, así como as lembranzas persoais dos seus encontros co escritos arxentino en Berlín e Bos Aires. Ademais, analízanse as recreacións de Borges feitas por Valente e a función modélica daquel a propósito da súa arte da persoa e das súas obras exemplares, sempre percibidas por este como auténticas leccións de mestre

    Monográfico da Revista Evohé dedicado a Antonio Gamoneda

    Get PDF
    O monográfico contén unha entrevista a Antonio Gamoneda de Claudio Rodríguez Fer, transcrita por Cristina Fiaño; unha panorámica da obra do poeta feita por Rubén Pujante Corbalán; dúas versións de Negro spirituals de Gamoneda traducidas ao galego por Carmen Blanco; un artigo sobre o poemario Cecilia, realizado por Saturnino Valladares; un traballo sobre as relacións entre Valente e Gamoneda feito por Laura Paz Fentanes; unha análise das “sub-versións” ou libres traducións gamonedianas debida a María Lopo, e unha ampla crónica epistolar da correspondencia de Gamoneda con Claudio Rodríguez Fer. No apartado creativo aparecen os poemas “Vendo nevar nos Cárpatos” e “Novos diálogos imposibles” de Adina Ioana Vladu e o relato “Un camino de tulipanes” de Laura Paz Fentanes. Seguidamente aparecen versións poéticas en galego de Rosalía, Pessoa e Cernuda a cargo de Emma Luaces e os artigos “Mujer y maternidad en la trilogía teatral lorquiana”, de Ana Segade Yáñez; “Borges y todo de Claudio Rodríguez Fer”, de Marcela Bao, e “La puerta de José Ángel Valente”, de Mariana Vergara Garcí

    Monográfico Cen Anos Luz Pozo Garza

    Get PDF
    O número 33 da revista Evohé conta cun monográfico dedicado á poeta galega Luz Pozo Garza con motivo do seu centenario, que se inicia cun Cuestionario Proust realizado a dita escritora. No monográfico colaboran Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Marcela Bao e Cristina Negreira. Seguen seccións creativas con narrativa de Laura Paz Fentanes, poesía de Tamila Alem e de Juan Carlos Galeano (este presentado por Saturnino Valladares), e traducións de Eugenio Granell por Adina Vladu, Agustín García Calvo por Carmen Blanco e Antonio Hernández por Laura Paz. Recensiónanse tamén un estudo sobre Borges e Cunqueiro de Rodríguez Fer (por Cristina Fiaño), as memorias de María Casares en edición de María Lopo (por Marcela Bao) e a colectánea sobre o epistolario de Valente editado pola Cátedra Valente da USC (por Laura Paz). Finalmente inclúense traballos académicos sobre Francisco de Aldana (por José Rama), a institucionalización da memoria histórica (por Loreley Ritta) e a incentivación da danza entre varóns (por Claudia Cedeño

    Hacia un hispanismo integral: poética del origen y lírica galaica en José Ángel Valente

    No full text
    corecore