29 research outputs found

    Medea entre a paixón e a razón: as distintas visións da gran heroína tráxica de Eurípides

    Get PDF
    Traballo Fin de Grao en Filolxía Clásica. Curso 2012-2013Previamente a diseccionar a Medea de Eurípides para coñecer á protagonista da traxedia e afondar no seu carácter, motivacións e razóns, un primeiro bloque temático tratará de servir como un preludio contextualizador onde se botará a vista atrás para dar un pequeno repaso ao contexto histórico no que vive o autor, un breve resumo da súa biografía e unha parca síntese da trama da obra Medea e as súas características formais máis orixinais e interesantes. Nun segundo bloque analizarase o personaxe de Medea, unha figura central na literatura grega clásica que transcende as fronteiras temporais e estilísticas para converterse nun emblema da transgresión e a insubmisión, que suscita empatías e aversións e que seduce a autores de todas as épocas que retoman o mito conferíndolle á súa protagonista riscos novos ou reafirmándoa na súa xenial e complexa caracterización. Esta mesma caracterización será obxecto de análise e discusión nas seguintes páxinas, un estudo que ao longo da historia da literatura oscilou entre a postura tradicional, que condena a súa violenta actitude aparentemente irracional e as posicións máis innovadoras e revolucionarias, que nos descobren un personaxe con múltiples matices e que botan por terra a imaxe case simplista que se adoita dar da función de Medea nun mito que Eurípides fixo inmorta

    Julio I. González Montañés, Anxo Angueira e Ramón Mariño Paz (eds.), Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 2019, 186 páxinas.

    Get PDF
    Recensionase o traballo de edición debido a varios autores e intitulado Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raía (2019

    A antroponimia nos textos documentais galegos ata o século XIII

    Get PDF
    A finalidade deste traballo é examinar a evolución do tratamento da antroponimia nos textos medievais ata o século XIII, para determinar como esta parte especial do léxico se comporta nos documentos escritos en latín e nos escritos en romance. Para isto teremos en conta dous corpus diferentes: un de documentos orixinais latinos e outro, máis reducido, dos documentos en galego localizados ata 1260, para que sexan máis homoxéneos cronoloxicamente, e para pór de relevo as vacilacións propias dos primeiros textos. O grao de romanceamento existente en ambos os corpora porase de manifesto non só na evolución fonética, senón tamén no tratamento dos sufixos patronímicos, pois constitúen unha evidencia da vontade latinizante dos escribas

    Estudio y edición de "La Arcadia" (1615) de Lope de Vega

    Get PDF
    [Resumen] El objeto de estudio de esta tesis doctoral se cifra en la recuperación de la obra más representativa del ciclo pastoril de Lope de Vega, La Arcadia, puesto que, si las primeras piezas —Belardo el furioso, El verdadero amante, La pastoral de Jacinto y Los amores de Albanio e Ismenia—, se sitúan a medio camino entre las obras propiamente cortesanas y las de corral, La Arcadia supone un nuevo acercamiento del género a la cortesanía, enriquecida por la influencia de la escenografía italiana y el predominio de una densidad verbal, que la convierte en exponente de un teatro de la palabra. Por eso, nuestro propósito se ha centrado fundamentalmente en la edición crítica y el estudio literario de esta comedia pastoril de Lope de Vega.[Resumo]O obxecto de estudo desta tese de doutoramento cífrase na recuperación da obra máis representativa do ciclo pastoril de Lope de Vega, La Arcadia, posto que, se as primeiras pezas —Belardo el furioso, El verdadero amante, La pastoral de Jacinto e Los amores de Albanio e Ismenia— se sitúan a medio camiño entre as obras propiamente da corte e as creadas para a súa representación en corrais de comedias, La Arcadia supón un novo achegamento do xénero á cortesanía, enriquecida pola influencia da escenografía italiana e o predominio dunha densidade verbal que a converten en exponente dun teatro da palabra. Por iso, o noso propósito se centrou fundamentalmente na edición crítica e o estudo literario desta comedia pastoril de Lope de Vega.[Abstract]The object of this thesis study is coded in the recovery of the most representative work of pastoral cycle of Lope de Vega, La Arcadia, because, if the first pieces —Belardo el furioso, El verdadero amante, La pastoral de Jacinto y Los amores de Albanio e Ismenia— are palatial works, La Arcadia is a new approach of gender to the salon literature, enriched by the influence of the Italian scenery and the predominance of a verbal density, which makes it in exponent of a theatre of the word. Therefore our purpose has primarily focused on the critical edition and literary study of this pastoral comedy of Lope de Vega

    Memoria crítico-bibliográfica sobre el Teatro Regional Gallego

    Get PDF
    Versión dixitalizada da edición publicada no 2006, na Coruña, pola Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", na súa Serie Documenta, v. 46[Resumo] O documento manuscrito que presentamos a seguir constitúe un fito na nosa historiografía teatral: a Memoria crítico-bibliográfica sobre el Teatro Regional Gallego, de Uxío Carré Aldao. Este ensaio ficou relegado ao ámbito máis privado, polo que non se soubo da súa existencia até hai ben pouco; na actualidade consérvase no arquivo familiar ‘Leandro Carré’, que custodia D.ª Adela Carré, e do que existe unha copia na Biblioteca-Arquivo ‘Francisco Pillado Mayor’ (UDC). Con esta edición ofrecemos o que constitúe un dos primeiros textos teóricos conservados sobre os inicios do teatro galego contemporáneo, cuxa importancia radica non só na multitude de datos que se fornecen sobre as obras existentes, as representacións, o periplo vital do teatro galego… senón, sobre todo, porque os feitos son contados por un dos actantes desa historia, Uxío Carré Aldao (A Coruña, 1859-1932).Este traballo foi elaborado ao abeiro do programa de bolsas de FPU (Formación do Profesorado Universitario) do Ministerio de Educación e Cienci
    corecore