research

Medea entre a paixón e a razón: as distintas visións da gran heroína tráxica de Eurípides

Abstract

Traballo Fin de Grao en Filolxía Clásica. Curso 2012-2013Previamente a diseccionar a Medea de Eurípides para coñecer á protagonista da traxedia e afondar no seu carácter, motivacións e razóns, un primeiro bloque temático tratará de servir como un preludio contextualizador onde se botará a vista atrás para dar un pequeno repaso ao contexto histórico no que vive o autor, un breve resumo da súa biografía e unha parca síntese da trama da obra Medea e as súas características formais máis orixinais e interesantes. Nun segundo bloque analizarase o personaxe de Medea, unha figura central na literatura grega clásica que transcende as fronteiras temporais e estilísticas para converterse nun emblema da transgresión e a insubmisión, que suscita empatías e aversións e que seduce a autores de todas as épocas que retoman o mito conferíndolle á súa protagonista riscos novos ou reafirmándoa na súa xenial e complexa caracterización. Esta mesma caracterización será obxecto de análise e discusión nas seguintes páxinas, un estudo que ao longo da historia da literatura oscilou entre a postura tradicional, que condena a súa violenta actitude aparentemente irracional e as posicións máis innovadoras e revolucionarias, que nos descobren un personaxe con múltiples matices e que botan por terra a imaxe case simplista que se adoita dar da función de Medea nun mito que Eurípides fixo inmorta

    Similar works