41 research outputs found
Fraseoloxía e estándar
Nestas páxinas preséntase unha breve reflexión, esencialmente teórica (e feita desde a visión de quen traballa en fraseoloxía e non en estandarización) sobre algunhas das tarefas que debe enfrontar quen pretenda levar a cabo a estandarización das unidades fraseolóxicas e sobre as peculiaridades destas expresións que se deben ter en conta á hora de realizar tal tipo de traballo (ocupareime exclusivamente dos fraseoloxismos, aínda que algunhas das reflexións que se presentan son válidas tamén para os termos compostos sintagmáticos)
A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia. Análise distribucional
O obxectivo deste traballo é analizar a presenza do galego no léxico dispoñible do
español de alumnos de 2º de Bacharelato de Galicia desde o punto de vista da súa
distribución, tanto por ámbitos temáticos como por informantes (de acordo con
diversas variables de estratificación social). O corpus do traballo está constituído
polas palabras marcadas como galegas na obra Léxico disponible en el español de
Galicia (en adiante LDEG), elaborada por Belén López Meirama e publicada no
ano 2008. A seguir caracterizaremos brevemente o concepto de léxico dispoñible
e comentaremos as características fundamentais do LDEG
La conceptualización del amanecer y del anochecer en gallego y portugués
Comunicación presentada no Congreso Internacional EUROPHRAS 2019. Modelos
productivos en Fraseología (Santiago de Compostela, 24-25 de xaneiro de 2019)
Os recursos lexicográfico-lingüísticos en rede da lingua galega: panorama actual
Relatorio presentado dentro das Xornadas Internacionais de Lexicografía. Ferramentas lexicográficas ao servizo do usuario na era dixital. Pontevedra, 11 maio 201
A edición dos materiais no léxico dispoñible do galego
Relatorio presentado no congreso Gallaecia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica. Universidade de Santiago de Compostela, 27-30 xullo 2015
Os antropónimos figurados valorativos. Caracterización e uso (II)
Este capítulo constitúe a segunda parte do estudo iniciado en: M. Álvarez de la Granja (2008): “Os antropónimos figurados valorativos. Caracterización e uso (I)”, en M. Brea / F. Fernández Rei / X. L. Regueira:
Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago
de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 55-64.O obxectivo deste estudo é a análise dos antropónimos figurados usados para a caracterización humana, antropónimos que admiten a determinación mediante o artigo indefinido (un casanova, un xudas), onde o artigo funciona como “marca de referencia de clase