91 research outputs found

    Do Atlas Prévio dos Falares Baianos ao Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués

    Get PDF
    Relatorio presentado no I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos. Bahia (Brasil), 13-15 abril 201

    O complemento de solidariedade: a complicidade entre os interlocutores

    Get PDF
    O obxecto desta comunicación é o Complemento de Solidariedade, tamén chamado Dativo de Solidariedade. Procuraremos definilo, dar noticia da súa extensión e vitalidade na lingua espontánea actual, das súas pautas de comportamento no enunciado e das particularidades da súa posición na cadea

    A imaxe lingüística dos galegos fóra de Galicia. Textos hispánicos do século XVII

    Get PDF
    Relatorio presentado no XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Bos Aires (Arxentina), 6-8 abril 201

    Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)

    Get PDF
    O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna, que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e ao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historia cultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosa atención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tres epístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feito de seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuños do xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nin o abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas. Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartas de carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitual para a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter de textos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpría un labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: como se producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas, foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse as alternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a das características relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión

    Gramática descritiva e gramática prescritiva

    Get PDF

    Reasons behind a prescriptive rule : nós versus nosoutros, nosoutras

    Get PDF
    Pártese do ditame normativo que establece como estándares nós e nosoutros/-as (na P5 vós e vosoutros/-as), con diferenza de significado, co obxectivo de mostrar a apoiatura da norma. Analízase brevemente o tratamento destas formas na tradición gramatical galega anterior ás Normas, favorable á escolla entre ambas, sen distinción, e mais o seu uso na lingua escrita dos séculos XIX e XX. A análise detense, sobre todo, na descrición do seu estatus na lingua falada nas últimas décadas do século XX, tomando como base os datos de campo, o uso espontáneo en gravacións e as opinións dos falantes; desenvólvese en tres liñas fundamentais: a extensión e distribución territorial de nós e de nosoutros/-as, as posibles diferenzas de significado e o asunto da distinción de xénero. Conclúese sobre a adecuación desta norma aos criterios que guían a elaboración do estándar galego moderno
    corecore