29 research outputs found

    A experiencia educativa do Xardín Botánico de Córdoba

    Get PDF
    [Resumo] Os xardíns botánicos de hoxe en día desenvolven funcións que van máis alá das relacionadas co estudo e a conservación da diversidade vexetal. A educación ambiental converteuse nun dos principais puntos de preocupación para os xardíns botánicos e moitos destes aspiran a promover a idea de desenvolvemento sustentable nos seus visitantes. Porén, é posible que algúns dos programas educativos desenvolvidos nos xardíns botánicos presenten carencias respecto aos verdadeiros obxectivos da educación ambiental. Cuestións como a participación e o compromiso teñen que ser tidas en conta á hora de deseñarmos os programas educativos, para o cal son fundamentais aspectos como a avaliación e a investigación educativa[Abstract] The botanic gardens carry out functions beyond those related to conservation of vegetative diversity. The environmental education has become one of the main concerns for botanic gardens promoting in visitors the idea of sustainable development. Nevertheless, it is possible that some educational programs were lacking in the environmental education’s true objectives, such as participation and commitment. Therefore, to outline the educational programs it is fundamentally important to consider evaluation and educational research

    Ruta Botánica polo Campus de Lugo

    Get PDF
    Esta obra deriva do Inventario da Flora Leñosa do Campus Universitario de Lugo, traballo encargado pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolvido entre os meses de marzo e setembro de 2011. Nas aproximadamente 34 ha e media que ocupa o Campus lucense identificáronse 230 taxóns leñosos entre especies, híbridos, variedades silvestres e cultivadas (cultivares). Ademais, pola súa abundancia en todo o Campus, incluíronse as herbáceas Cortaderia selloana e Phormium tenax, polo que o número final de taxóns catalogados ascende a 232, repartidos en 49 familias, 101 xéneros, 149 especies e 8 híbridos, entre eles un interxenérico (x Cupressocyparis). Avanzando un paso máis na aposta dixital en acceso aberto da USC, por vez primeira un produto editorial preséntase nun triple formato e soporte: .pdf para ordenadores fixos ou portátiles; Android para tablets e aplicación Apple para iPad

    Participación ambiental a partir de afeccións: o caso do CEA Polvoranca

    Get PDF
    [Resumo] Este artigo pretende mostrar e sistematizar os distintos procesos de participación ambiental iniciados desde o Centro de Educación Ambiental Polvoranca (Leganés, Madrid), procesos abertos coa poboación local, visitantes asiduos do parque periurbano onde se atopa este equipamento ambiental. Entendemos que, aínda que “cada proceso participativo é único, singular e irrepetible”, a súa divulgación –indagando na orixe, tendencias, pistas e interioridade– pode servir para achandar o camiño a outras iniciativas similares. Esa é a nosa intención ao escribirmos estas liñas, así que bo proveito! Aínda que o programa do Centro ademais contempla a intervención para influír na xestión do Parque e, alén diso, está implicado noutros procesos sobre todo vinculados ao pobo de Leganés, non se desenvolverán en profundidade.[Abstract] This article has the intention of showing the different process of environmental participation at Centro de Educacion Ambiental Polvoranca (Leganes, Madrid). These processes are available to the local population who regularly visit this suburban park, which is home to the environmental equipment. Even though, each participative process is unique and singular in terms of origin, tendencies and traces, it can help to reach other similar initiatives. That is our intention in writing these lines, so enjoy it! In addition to this programme, the Centre contemplates participation as an influence on Park management, which will collaborate in other processes linked to the town of Leganés

    Participación, igualdade e memoria. O papel do urbanismo no dereito á cidade

    Get PDF
    [Resumo] O presente traballo analiza a influencia no urbanismo de 3 dereitos que forman parte do dereito a cidade: O dereito da cidadanía a participar nas decisións urbanas, o dereito a vivir na cidade sen discriminacións, dende o análise da vida cotiá, e o dereito á memoria, ao patrimonio e ao lugar. Realízase un estudo das metodoloxías a nivel teórico e en tres exemplos preexistentes, e aplícanse os conceptos nun caso práctico, a vila de Ponteareas, para determinar como influíron os planeamentos na garantía ou perda do dereito á cidade.[Resumen] El presente trabajo analiza a influencia en el urbanismo de 3 derechos que forman parte del derecho a la ciudad: El derecho de la ciudadanía a participar en las decisiones urbanas, el derecho a vivir la ciudad sin discriminaciones, desde el análisis de la vida cotidiana y el derecho a la memoria colectiva, al patrimonio y al lugar. Se realiza un estudio de las metodologías a nivel teórico en ejemplos preexistentes y se aplican los conceptos en un caso práctico, la villa de Ponteareas, para determinar como influyeron los planeamientos en la garantía o pérdida del derecho a la ciudad.[Abstract] This work analyzes the influence on urban planning of 3 rights that are part of the right to the city: The right of citizens to participate in urban decisions, the right to live the city without discrimination, from the analysis of daily life, and the right to collective memory, patrimony and place. A study of the methodologies at a theoretical level is carried out in pre-existing examples and the concepts are applied in a practical case, Ponteareas, to determine how the planning affected the guarantee or loss of the right to the city.Traballo fin de grao (UDC.ETSA). Estudos de arquitectura. Curso 2021/202

    Clonal integration effects in the coastal systems invasions by Carpobrotus edulis: a field experiment

    Get PDF
    [Resumo]: As especies invasoras son das principais causas da perda de biodiversidade a escala global. Moitas das especies de plantas invasoras máis agresivas do mundo son clonais. Neste experimento estudouse a importancia dos atributos asociados ao crecemento clonal, en particular, a capacidade de integración fisiolóxica na expansión da especie invasora Carpobrotus edulis colonizando dous hábitats diferentes: duna costeira e costa rochosa. Os nosos resultados demostran a importancia da integración clonal para a expansión desta especie en termos de biomasa total e de expansión en lonxitude dos fragmentos clonais. Este beneficio da integración clonal foi independente do hábitat invadido; tanto en duna costeira coma en costa rochosa a integración fisiolóxica incrementou a capacidad de crecemento e colonización de C. edulis. O estudo dos mecanismos que subxacen nos procesos de invasións biolóxicas son fundamentais para entendelas e para propoñer medidas de erradicación e control das mesmas.[Resumen]: Las especies invasoras son de las causas principales de pérdida de biodiversidad a escala global. Muchas de las especies de plantas invasoras más agresivas son clonales. En este experimento se estudió la importancia de los atributos asociados al crecimiento clonal, en particular, la capacidad de integración fisiológica en la expansión de la especie invasora Carpobrotus edulis colonizando dos hábitats distintos: duna costera y costa rocosa. Nuestros resultados demuestran la importancia de la integración clonal para la expansión de esta especie en términos de biomasa total y de expansión en longitud de los fragmentos clonales. Este beneficio de la integración clonal fue independiente del hábitat invadido; tanto en duna costera como en costa rocosa la integración fisiológica incrementó la capacidad de crecimiento y colonización de C. edulis. El estudio de los mecanismos que subyacen en los procesos de invasión biológicas son fundamentales para entenderlas y para proponer medidas de erradicación y control de las mismas.[Abstract]: Invasive species are one of the main causes for biodiversity loss at a global scale. Many of the most aggressive invasive plant species are clonal. In this experiment we study the importance of the attributes associated with clonal growth, in particular, we aim to determine the importance of physiological integration in the expansion of the invasive species Carpobrotus edulis colonizing two different habitats: coastal dune and rocky coast. Our results demonstrate the contribution of clonal integration for the expansion of this species in terms of total biomass and growth in length of the clonal fragments. This benefit of clonal integration was not dependent of the invaded habitat; thus, both in coastal dune and the rocky coast, physiological integration increased the growth and colonization capacity of C. edulis. The study of the mechanisms underlying the processes of biological invasion are key to understand them and to design eradication and control programs.Traballo fin de grao (UDC.CIE). Bioloxía. Curso 2017/201

    Plantas Invasoras

    Get PDF
    Titulación: Grao en Enxeñaría Técnica Agricola. Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría -- Materia: MalherboloxíaAs invasións biolóxicas constitúen unha das ameazas máis serias para a conservación da biodiversidade no ámbito do cambio global que está a experimentar o planeta. A introdución e aclimatación de especies en territorios alleos non é unha novidade na historia, xa que tivo lugar polo menos dende os comezos da agricultura. Estes procesos presentaron máximos de ocorrencia en determinados momentos da historia, como poden ser as épocas dos grandes descubrimentos nos cales se puxeron en contacto territorios que ata o momento evolucionaran illados durante miles de anos. Non obstante, na actualidade asistimos a unha multiplicación exponencial destes procesos e das súas consecuencias ambientais. As melloras nos medios de comunicación e transporte, a globalización das actividades económicas e do comercio dotou ás especies invasoras de vectores de transporte e introdución dunha eficiencia descoñecida ata tempos recentes. Así, a problemática das invasións biolóxicas, da súa prevención, xestión e control está a cobrar unha maior importancia e ten sido introducida en moitas materias de plans de estudos con competencias en materia de xestión do territorio e do medio. Neste contexto e dentro dunha materia cunha longa tradición en plans de estudos de carreiras do campo das ciencias da vida e das enxeñarías agrarias como é a malherboloxía, formúlase a introdución dunha unidade didáctica dedicada por completo a esta temática. O coñecemento científico, a prevención, xestión e control de especies invasoras presenta importantes vínculos con outros aspectos que sen van tratar dentro da materia de malherboloxía, non só no que respecta a afinidades nas estratexias e métodos de xestión e control; senón tamén tendo en conta as afinidades e, en ocasións, a coincidencia no comportamento dun vexetal como invasor e mala herba.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    As bolboretas e o seu papel na educación ambiental: xardíns de bolboretas

    Get PDF
    [Resumo] As bolboretas diúrnas son un excelente grupo de bioindicadores que nos permite comprobar que se están a producir cambios nos ciclos biolóxicos das especies. Identificar e facer un seguimento de bolboretas diúrnas é moi doado; a creación de xardíns de bolboretas supón un interesante recurso didáctico que facilita, entre outras moitas cousas, este labor.[Abstract] The creation of butterfly gardens provide interesting educational sites and allow us to monitor change within the biological cycle of species present. Day-flying butterflies are excellent bioindicators, easy to identify and monitor and provide proof that a change is taking place

    A interpretación do patrimonio nos xardíns históricos con uso recreativo

    Get PDF
    [Resumo] A interpretación do patrimonio pode ser unha boa maneira de facilitar as conexións intelectuais e emotivas entre o visitante e os significados dos xardíns. Os xardíns históricos son os susceptibles de ser visitados, tanto por dispor dunha infraestructura que os fai accesibles como porque os usos permitidos teñan carácter marcadamente recreativo. Os visitantes que chegan a estos lugares non coñecen os seus valores patrimoniais e só teñen a intención de disfrutar de su tiempo libre, maís os xardíns históricos son algo máis que lugares para o esparcemento ao ár libre, o que xustifica as estratexias de comunicación propias da interpretación.[Abstract] The interpretation of an asset can be an excellent method to promote the intellectual and emotional connections between visitors and a garden’s history. Historical gardens are visited as much for their accessible infrastructure as for its recreational use and when visitors arrive with the intention of enjoying their free time, they are usually unaware of the garden assets. However, historical gardens offer far more than just outdoor leisure, accounting for the importance of strategies for interpretation and communication

    Ann Taylor Allen: The Transatlantic Kindergarten. Education and Women’s Movements in Germany and the United States: New York, Oxford: Oxford University Press, 2017, 292 pp. ISBN: 978-01-9027-441-2

    Get PDF
    Recensión de libro: Ann Taylor Allen (2017). The Transatlantic Kindergarten. Education and Women’s Movements in Germany and the United States.Book review: Ann Taylor Allen (2017). The Transatlantic Kindergarten. Education and Women’s Movements in Germany and the United States.Reseña de libro: Ann Taylor Allen (2017). The Transatlantic Kindergarten. Education and Women’s Movements in Germany and the United States.Resenha de livro: Ann Taylor Allen (2017). The Transatlantic Kindergarten. Education and Women’s Movements in Germany and the United States
    corecore