13 research outputs found

    O verbo galego: usos e abusos, descrición e prescrición

    Get PDF
    O obxectivo sinalado para a nosa intervención é o de dispoñer o foco de luz sobre problemas de uso en que anda envolvido o verbo. Os problemas non son poucos, mesmo restrinxindo o campo de observación ao ámbito estrito do emprego das unidades verbais, simples ou perifrásticas: problemas no uso do infinitivo (inf. flexionado, inf. como verbo independente, a + inf.), do xerundio (posterioridade, especificativo), do participio (participios “dobres”), dos futuros de indicativo (futuro e pospretérito), das formas de pretérito e de futuro de subxuntivo, problemas no uso de ter + part., no dalgunhas perífrases modais (ter de + inf., haber (de) + inf.), no de construcións perifrásticas ou próximas con vir (vir de + inf), con voltar, con perífrases pasivas, e aínda algunhas cousas máis. Non é posible abordar todos estes problemas na presente sesión, como tampouco tentar facer unha delimitación precisa dos seus ámbitos do uso correcto. As nosas miras encamíñanse a examinar as dificultades de determinar a corrección ou incorrección de expresións situadas nos bordos do que consideramos galego, e, en consecuencia, as dificultades de delimitar e describir o bo uso correspondente

    Concerning contractions : cun and con un

    Get PDF
    A normativa actual prescribe para a secuencia con + un as grafías cun e con un, distribuídas, de acordo coa nosa interpretación, segundo un vaia seguido de substantivo (función de Det: cun) ou non (función de N de FN: con un), con independencia da clase de palabra que sexa un (artigo, numeral, “indefinido”, constituínte doutra unidade). Este ditame, inexistente nas Normas de 1982, foi introducido na revisión de 1995 e mantívose na de 2003. Examinamos a continuación o sentido do termo contracción dentro do noso uso gramatical no marco das relacións entre grafía e pronuncia, por un lado delimitando o que inclúen as contraccións e polo outro destacando que pode haber pronuncia “contracta” mesmo en ausencia de composto gráfico. Nesta liña, aínda que as Normas non informan sobre isto, sinalamos que a grafía con un non impón [koŋũŋ], senón que pode corresponder tamén a [kuŋ]. A consulta das bases TILG e CORGA, e mais dun conxunto importante de textos con transcricións da fala mostra que a prescrición normativa é fundamentada, pois a amálgama fónica falta sobre todo cando un é N. Neste mesmo contexto sintáctico os galegofalantes practican tamén contraccións fónicas, particularmente cando un, como N, vai seguido da prep. de + sintagma; nestas situacións a pronuncia [kuŋ] pode corresponder de maneira natural á grafía normativa

    Sobre o uso de "cara a / cara" na norma galega

    Get PDF
    Following the inclusion of the prepositional expression cara a in the Normas of 1982, there has been a tendency to use it even preceding place adverbs. We look here at the use of cara a and cara in such positions, basing out study on their occurrences in writing and speech in the Galician texts in TILG. Our fi ndings clearly show that, both in writing and in songs and transcriptions of oral use, the usual form during the period from 1612 to 1984 was cara + place adverb, and that although examples of cara a + place adverb, with a lower frequency than cara, do begin to appear in writing from 1985 onwards, this can only be due to ultracorrection based on the form given in the Normas. The rule for using cara rather than cara a parallels the rule for omitting a in the same syntactic environment in every respect. Cara a also coexists with other rarer options such as de cara a and (de) cara para

    Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)

    Get PDF
    O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna, que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e ao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historia cultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosa atención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tres epístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feito de seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuños do xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nin o abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas. Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartas de carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitual para a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter de textos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpría un labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: como se producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas, foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse as alternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a das características relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión

    Os adverbios "alá/aló", "acá/acó". Unha perspectiva dialectal

    Get PDF
    Analízase a presenza e uso dos adverbios de lugar alá / aló e acá / acó nas diferentes variedades dialectais do galego

    Entre o uso e a norma. O proxecto de Gramática da Real Academia Galega

    Get PDF
    En novembro de 2000, a Real Academia Galega fíxolle o encargo da redacción da gramática da institución ao equipo de gramática do ILG constituído polos asinantes desta comunicación. Ben entendido que no seo do ILG hai outros investigadores que tamén se ocupan de cuestións gramaticais, cos que mantemos unha relación de colaboración fluída, pero este equipo así conformado ten tras si unha xa longa experiencia de traballo conxunto, desde o momento en que eramos os cinco profesores que tiñan o encargo das materias de Gramática Galega (I e II) no antigo plano de estudos de Filoloxía Hispánica (Galego-portugués), pasando por trienios sucesivos dedicados aos proxectos de investigación en Gramática descritiva (1995-1997) e Sintaxe descritiva (1998-2001). A asunción do encargo implicaba, para a RAG e para o equipo, a colaboración no proxecto de Antón Santamarina (na altura director do Seminario de Gramática da RAG), en parte como coordinador e supervisor da obra, en parte como fornecedor de materiais das bases de datos do seu proxecto para podermos fundamentar a descrición. No marco deste simposio asumimos a tarefa de expoñer con que criterios cremos que se deben seleccionar e integrar os trazos sometidos a variación lingüística nunha gramática que se presenta como descritiva; e facelo sobre a base da experiencia de nos termos que enfrontar decote con problemas desta natureza na redacción da gramática dunha institución á que, desde a fundación, se atribúe unha orientación e autoridade prescritivas

    A voltas coas contraccións: 'cun' e 'con un'

    No full text
    Current rules prescribe two spellings, cun and con un, for the sequence con + un, their distribution being determined, if our interpretation is correct, by whether un is followed by a substantive (i.e. in Det function, use cun) or not (i.e. when functioning as a N in a NP, use con un), regardless of the part of speech of un (i.e. whether it is an article, a numeral, an “indefinite”, or a constituent of some other unit). This rule, which was absent from the Normas of 1982, was introduced in the 1995 revision and maintained in the 2003 edition. Here we look at the sense in which contraction is used, in the context of our grammatical terminology, with respect to the relationship between spelling and pronunciation. We establish what counts as a contraction and notice that there may be “contracted” pronunciations not reflected by spelling. Thus, although the Normas don’t make it explicit, the spelling con un does not imply of necessity [ko???], but may also correspond to [ku?]. An examination of the TILG and CORGA databases together with a substantial corpus of transcribed spoken texts leads to the conclusion that the prescriptive rule is justifiable, since phonological contraction is absent chiefly when un is a N. Now precisely in this syntactic context native speakers also habitually make contractions in pronunciation, particularly when un, as N, is followed by the prep. de + a phrase. In such contexts it is natural for the pronunciation [ku?] to correspond to othe standard spelling.A normativa actual prescribe para a secuencia con + un as grafías cun e con un, distribuídas, de acordo coa nosa interpretación, segundo un vaia seguido de substantivo (función de Det: cun) ou non (función de N de FN: con un), con independencia da clase de palabra que sexa un (artigo, numeral, “indefinido”, constituínte doutra unidade). Este ditame, inexistente nas Normas de 1982, foi introducido na revisión de 1995 e mantívose na de 2003. Examinamos a continuación o sentido do termo contracción dentro do noso uso gramatical no marco das relacións entre grafía e pronuncia, por un lado delimitando o que inclúen as contraccións e polo outro destacando que pode haber pronuncia “contracta” mesmo en ausencia de composto gráfico. Nesta liña, aínda que as Normas non informan sobre isto, sinalamos que a grafía con un non impón [ko???], senón que pode corresponder tamén a [ku?]. A consulta das bases TILG e CORGA, e mais dun conxunto importante de textos con transcricións da fala mostra que a prescrición normativa é fundamentada, pois a amálgama fónica falta sobre todo cando un é N. Neste mesmo contexto sintáctico os galegofalantes practican tamén contraccións fónicas, particularmente cando un, como N, vai seguido da prep. de + sintagma; nestas situacións a pronuncia [ku?] pode corresponder de maneira natural á grafía normativa

    As formas en –ra e –se na obra poética galega de Rosalía

    No full text
    Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 198
    corecore