80 research outputs found

    Transformación, fusión e escisión

    Get PDF
    Titulación: Grao en Administración e Dirección de Empresas -- Materia: Contabilidade Financeira IIA empresa non é un ente estático e, polo tanto, a súa propia estrutura pode experimentar alteracións significativas ao longo do tempo. Así, unha sociedade mercantil pode levar a cabo un proceso de transformación co obxectivo de modificar a súa estrutura xurídica, adoptando unha forma social diferente á orixinal. Este proceso de transformación constitúe o primeiro punto de análise neste tema. A continuación, deben considerarse outras operacións sociais relevantes que o Plan Xeral Contable español identifica como “combinacións de negocios”. Este é o caso, entre outros tipos, das fusións e das escisións, que configuran os outros dous puntos fundamentais de estudo do tema. En concreto, a fusión permite que dúas ou máis sociedades agrupen a totalidade ou unha parte do seu patrimonio. Pola súa banda, a escisión supón a estratexia contraria, isto é, a redución da dimensión da empresa a través da separación de todo ou parte do seu patrimonio que xeran per se novas sociedades. Os contidos desenvolvidos na unidade enmárcanse no eido da contabilidade de sociedades. Polo tanto, este tipo de contabilidade aplica as normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro das operacións que realizan as sociedades mercantís, tendo en conta o marco legal ao que están suxeitas.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Disolución e liquidación

    Get PDF
    Titulación: Grao en Administración e Dirección de Empresas -- Materia: Contabilidade Financeira IIA constitución dunha empresa realízase, en termos xerais, cunha motivación temporal indefinida, aínda que poden xerarse acontecementos de diversa natureza que provoquen a súa extinción dende un punto de vista xurídico e económico. Este tema analiza a disolución dunha sociedade mercantil, a cal supón o primeiro paso cara á súa desaparición dado que constitúe un acto xurídico indispensable para iniciar o proceso legal da extinción. Deste xeito, tras disolverse legalmente a sociedade, iníciase un proceso de liquidación que, polo xeral, consome un período temporal extenso e caracterízase pola súa complexidade. Esta fase ten por obxectivo liquidar todo o activo da empresa para xerar unha liquidez suficiente coa cal cancelar todo o endebedamento social, e, no caso de que existan recursos sobrantes, repartir o excedente entre os socios - propietarios da empresa. En consecuencia, finalizado este proceso de liquidación, prodúcese a extinción da sociedade. Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Contabilidade Financeira II correspondente ao 3º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Céntrase na análise da contabilización da disolución e liquidación nunha sociedade mercantil, en particular, anónima. Os contidos desta unidade están suxeitos á contabilidade de sociedades, e complementan outros temas que constitúen o programa da materia. Deste xeito, este eido da contabilidade supón a aplicación das normas estudadas na contabilidade financeira á realidade empresarial e, concretamente, operativa das sociedades mercantís.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Comprender la contabilidad y las finanzas. Oriol Amat. Barcelona: Gestión 2000. 2008 [288 páginas]

    Get PDF
    Texto dispoñible en galego e españolS

    Finanzas internacionales A. RAHNEMA Barcelona: Deusto. 2007 [395 páginas]

    Get PDF
    Texto dispoñible en galego e españolNO

    Estimating the economic exposure to the currency risk: conceptual delimitation and estimation models

    Get PDF
    Texto dispoñible en galego e españolA internacionalización empresarial confírelle unha gran relevancia á xestión integral do risco, incluído o xerado polas flutuacións no prezo das divisas. A análise do risco cambiario debe partir da identificación do concepto de exposición cambiaria, xa que non existe unha definición única, senón diferente e máis ampla en función de cal sexa o seu alcance. Este é, precisamente, o primeiro obxectivo que se desenvolve na segunda sección. A continuación, centrándonos na exposición cambiaria de tipo económica, o segundo obxectivo foi expoñer as diferentes formulacións metodolóxicas que se definiron para a súa estimación. Centrámonos nesta exposición porque é aquela que ten unha maior relevancia para a empresa, dada a súa orientación no longo prazo e as diferentes formas de manifestación que pode adquirir no desenvolvemento doméstico e/ou internacional da actividadeLa internacionalización empresarial confiere una gran relevancia a la gestión integral del riesgo, incluido el generado por las fluctuaciones en el precio de las divisas. El análisis del riesgo cambiario debe partir de la identificación del concepto de exposición cambiaria, ya que no existe una definición única, sino diferente y más amplia en función de cuál sea su alcance. Este es, precisamente, el primer objetivo que se desarrolla en la segunda sección. A continuación, centrándonos en la exposición cambiaria de tipo económica, el segundo objetivo ha sido exponer los diferentes planteamientos metodológicos que se definieron para su estimación. Nos centramos en esta exposición porque es aquella que tiene una mayor relevancia para la empresa, dada su orientación a largo plazo y las diferentes formas de manifestación que puede adquirir en el desarrollo doméstico y/o internacional de la activida
    corecore