780 research outputs found

    Cambios epidemiológicos de la endocarditis infecciosa izquierda en los últimos 20 años

    Get PDF
    La endocarditis infecciosa es una enfermedad clásica cuya mortalidad ha permanecido estable durante las últimas décadas, a pesar de los avances en las técnicas diagnósticas y terapéuticas. El objetivo de este trabajo es comprobar los cambios epidemiológicos que ha sufrido esta patología durante los últimos años, y que pueden ser los causantes de que su pronóstico no se haya modificado. Se ha realizado una revisión bibliográfica en la que se han incluido artículos sobre endocarditis infecciosa izquierda, que estudian las características de ésta o de alguno de los factores de riesgo asociados a ella. Las valvulopatías degenerativas han pasado a ser las cardiopatías predisponentes de endocarditis más frecuentes, y ha aumentado el porcentaje de pacientes que no tenían una cardiopatía previa conocida. La edad media de los pacientes ha aumentado considerablemente, asociando un mayor número de infecciones nosocomiales y de comorbilidades acompañantes. Por otro lado, cada vez mayor porcentaje de infecciones son adquiridas en procedimientos relacionados con la asistencia sanitaria. La etiología de la endocarditis también se ha modificado, siendo los microorganismos más frecuentemente aislados los estafilococos, superando en la mayoría de las series a los estreptococos. Los enterococos se colocan como la tercera causa microbiológica. Se han producido una serie de cambios en las variables epidemiológicas de la endocarditis infecciosa izquierda, fundamentalmente una mayor edad de los pacientes, un aumento del porcentaje de infecciones relacionadas con la asistencia sanitaria y un cambio en las cardiopatías predisponentes. Estas tres condiciones están estrechamente relacionadas, y todas conllevan un peor pronóstico. Es posible que estos cambios sean los responsables del estancamiento en la mortalidad de esta enfermedad durante las últimas décadas.Grado en Medicin

    Valoración intertemporal de activos

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IIEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é estudar a valoración de activos nun contexto intertemporal no que os investidores adoptan decisións en mercados que poden ser dinamicamente completos na medida que poden corrixir ou adaptar as decisións financeiras adoptadas no pasado á nova información que se foi revelando co paso do tempo. Concretamente, estúdanse os determinantes dos prezos dos activos financeiros a nivel agregado, fundamentalmente o consumo, e analízase a determinación do seu prezo en equilibrio nun contexto no que os investidores adoptan decisións de consumo e de investimento óptimas. A valoración de equilibrio que emerxe como resultado denomínase modelo ICCAPM. A comprensión desta unidade reviste un alto grao de dificultade debido ao elevado nivel de abstracción e na mediada que require do manexo das técnicas de optimización nalgún caso complexas e dunha compresión adecuada de estatística. Para facilitar a superación destas dificultades, ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos numéricos que tratan de ilustrar os conceptos desenvolvidos e a utilidade financeira práctica dos modelos así como as súas limitacións.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Equilibrio e valoración de activos

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IIEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos de equilibrio no contexto de mercados completos e incompletos con e sen activos Arrow Debreu. Así, analízase como as decisións financeiras levan aparelladas a elección dunha senda temporal de consumo óptima e como estas decisións permiten ao individuo elixir o perfil de risco acorde coas súas preferencias. Finalmente, analízase a influencia do consumo agregado na determinación do valor dun activo financeiro, obtendo a valoración de equilibrio dada polo modelo CCAPM. A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require dun elevado nivel de abstracción e do manexo de técnicas de optimización e coñecementos de estatística. É por iso que ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos numéricos que tratan de ilustrar a conexión entre as intuicións financeiras dos modelos e a súas implicacións, así como as limitacións prácticas dos seus supostos básicos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Cálculo financeiro

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o cálculo financeiro e as diferentes formas de capitalización e desconto que se utilizan na práctica para valorar activos. Aínda que parte dos coñecementos que se desenvolven nesta unidade xa son coñecidos polo estudante que xa cursou un curso de matemáticas financeiras, o enfoque desde o punto de vista da utilización da idea de non arbitraxe e da ecuación fundamental de valoración é diferente. Nesta unidade revísanse as operación de capitalización e desconto simple, composto e continuo, a valoración de rendas e de préstamos con diferentes características. As matemáticas que se requiren para a comprensión de esta temática son relativamente sinxelas. O obxectivo da unidade é que alumno adquira un grao de autonomía elevado no manexo das operación de capitalización e desconto que resultan fundamentais para a valoración de calquera activo financeiro.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Modelo de valoración de activos APT

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos por non arbitraxe, APT, que é un modelo multifactorial que permite valorar calquera activo por replicación a partir de una serie de carteiras factoriais. Nesta unidade estúdase con detalle o modelo factorial, os seus supostos básicos e a súa aplicabilidade en termos de valoración. Así mesmo, comparase este modelo co outros modelos de valoración, destacándose a vantaxe do modelo APT en termos de deseño de carteiras. A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require do manexo das técnicas de replicación e dunha compresión adecuada de modelos econométricos. É por iso que ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos numéricos que tratan de ilustrar a conexión entre utilidade financeira práctica dos modelos e as limitacións prácticas dos seus supostos básicos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Modelo de valoración de activos CAPM

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos en equilibrio denominado CAPM. Con este propósito, explícase a determinación do risco e da rendibilidade esperada dun activo ou dunha carteira de activos, introducindo así o concepto da diversificación e a determinación do conxuntos de carteiras que teñen varianza mínima para os diferentes niveles de rendibilidade esperada. Unha vez determinado o conxunto de alternativas de investimento, analízase o equilibrio de mercado e a determinación de prezo dun activo en función da rendibilidade da carteira de mercado, da súa beta coa carteira de mercado e da rendibilidade do activo sen risco. A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require dunha elevada capacidade de abstracción e do manexo de técnicas matemáticas de optimización e da teoría da elección baixo incerteza. Para facilitar a comprensión desta materia, ao longo da unidade utilízanse diversos exemplos numéricos que tratan de ilustrar a conexión entre utilidade financeira práctica do modelo e as limitacións prácticas dos seus supostos básicos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Modelo de mercado do mercado de valores en España

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IIEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito é ilustrar como se organiza o proceso de negociación de activos nun mercado e as súas implicacións para a determinación do prezo, poñendo especial énfase no caso do mercado de valores español. A comprensión dos contidos desta unidade non reviste ningún grao de dificultade especial para o alumno, dado que os contidos son basicamente descritivos e buscan transmitir como é o proceso e negociación continua no mercado español. Aínda así, ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos prácticos para garantir unha clara comprensión da dinámica do libro de ordes.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Activos de renda fixa

    Get PDF
    Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Análise Económica dos Mercados Financeiros I ; 4Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. Esta unidade introduce a valoración dos activos de renda fixa e as variacións que experimenta esa valoración ao longo do tempo como consecuencia dos cambios no tipo de xuro. Así, introdúcese o concepto de ricos de activos de renda fixa e a problemática asociada á súa xestión por medio dos conceptos de duración e convexidade que son examinados desde o punto de vista da súa aplicabilidade práctica, tendo en contas as vantaxes e limitacións. Así mesmo, tamén se introduce ao alumno o concepto de inmunización e a súa utilización na xestión de risco de carteiras de activos de renda fixa. A comprensión da temática desta unidade didáctica require dun grao de abstracción relativamente elevado e dunha comprensión do cálculo financeiro e da estrutura temporal dos tipos de xuro. Para facilitar a tarefa de aprendizaxe, ao longo da unidade utilízanse unha serie de exemplos numéricos sinxelos que teñen como obxectivo motivar e facilitar ao estudante o acceso á problemática da valoración con activos de renda fixa e a determinación e xestión de riscos asociada a este tipo de activos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Valoración de opcións

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IIEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir diferentes formas ou modelos de valoración de contratos de opcións. Utilizando os suposto de non arbitraxe e a replicación, analízase a valoración binomial, a valoración de Black-Scholes e a valoración por simulación, modelos que utilizan diferentes perspectivas ou supostos pero que conducen a resultados semellantes. Así mesmo, estúdanse as propiedades dos prezos das opcións e a súa sensibilidade aos factores determinantes dos mesmos. A comprensión desta unidade require da comprensión dos fundamentos de valoración de activos, da idea de non arbitraxe e replicación para a valoración de activos. A maior dificultade desta unidade está no manexo de conceptos de estatística e de cálculo estocástico. Para evitar que as dificultades técnicas dificulten a comprensión da valoración deste tipo de activos financeiros, ao longo da unidade utilízanse varios exemplos numéricos que tratan de ilustrar a aplicación práctica dos diferentes procedementos de valoración.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Estrutura temporal dos tipos de xuro

    Get PDF
    Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. Esta unidade ten como obxectivo analizar a estrutura temporal dos tipos de xuro, é dicir a relación existente entre os tipos de xuro a diferentes prazos. En particular, estudarase a curva cupón cero, a súa utilidade no proceso de valoración dos activos financeiros e os diferentes métodos que se poden utilizar na práctica para a estimación da curva. Así mesmo, tamén se revisan as diferentes teorías que explican a forma da estrutura temporal dos tipos de xuro. A comprensión da temática desta unidade didáctica non é difícil pero require do manexo do cálculo financeiro desenvolvido a unidade 2. Ao longo da unidade utilízanse unha serie de exemplos numéricos sinxelos que teñen como obxectivo motivar e facilitar ao estudante o acceso á problemática da estimación da curva cupón cero e a súa relevancia para a valoración de activos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic
    corecore