Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IIEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros.
O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos de equilibrio no contexto de mercados completos e incompletos con e sen activos Arrow Debreu. Así, analízase como as decisións financeiras levan aparelladas a elección dunha senda temporal de consumo óptima e como estas
decisións permiten ao individuo elixir o perfil de risco acorde coas súas preferencias.
Finalmente, analízase a influencia do consumo agregado na determinación do valor dun activo financeiro, obtendo a valoración de equilibrio dada polo modelo CCAPM.
A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require dun elevado nivel de abstracción e do manexo de técnicas de optimización e coñecementos de estatística. É por iso que ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos numéricos que tratan de ilustrar a conexión entre as intuicións financeiras dos modelos e a súas implicacións, así como
as limitacións prácticas dos seus supostos básicos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic