Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros -- Materia: Análise Económica dos Mercados Financeiros IEsta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros.
O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos por non arbitraxe, APT, que é un modelo multifactorial que permite valorar calquera activo por replicación a partir de una serie de carteiras factoriais. Nesta unidade estúdase con detalle o modelo factorial, os seus
supostos básicos e a súa aplicabilidade en termos de valoración. Así mesmo, comparase este modelo co outros modelos de valoración, destacándose a vantaxe do modelo APT en termos de deseño de carteiras.
A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require do manexo das técnicas de replicación e dunha compresión adecuada de modelos econométricos. É por iso que ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos numéricos que tratan de ilustrar a conexión entre utilidade financeira práctica dos modelos e as limitacións prácticas dos seus supostos básicos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic