4 research outputs found

    Tendencias temáticas na narrativa infantil galega actual (2010-2019)

    Get PDF
    As a historical overview, an analysis of picture books and narrative works originally written in Galician during the 2010-2019 decade and aimed at children is carried out. A classification of the most recurring and innovative topics dealt with in that period is offered. It is exemplified by those works that stand out for their literary and plastic quality, differentiating between picture books, in which verbal and visual language are combined, and illustrated stories and novels. Finally, it is concluded that there are recurrring themes, such as the recreation of oral narrative, realism, fantasy and mystery, and other new and innovative ones, such as feminism, transgender, menstruation, death, illnes, war and child abuse, along with got-leaning macabre humor.Realízase, a modo de panorámica histórica, unha análise de álbums e de relatos narrativos escritos orixinariamente en galego durante a década 2010-2019 e dirixidos á infancia. Ofrécese unha clasificación das temáticas máis recorrentes e innovadoras tratadas nese período. Exemplifícase con aquelas obras máis salientables pola súa calidade literaria e plástica, diferenciando álbums narrativos, nos que se conxuga a linguaxe verbal e visual, e relatos e novelas ilustrados. Por último, conclúese que hai temáticas recorrentes, como a recreación dos contos orais, o realismo, a fantasía e o misterio e outras novidosas e innovadoras, como o feminismo, a transexualidade, a menstruación, a morte, a enfermidade, a guerra e o abuso infantil, xunto co humor macabro de tendencia gótica

    Apuntamentos de Crítica xenética sobre “Cartas de inverno”, de Agustín Fernández Paz

    Get PDF
    Despois de salientar a figura de Agustín Fernández Paz na literatura infantil e xuvenil galega, estúdanse os diferentes tipos de variantes en Cartas de inverno nas tres edicións empregadas á luz das teorías da Crítica xenética para incidir no proceso habitual de reescrita e autocorreción que realiza Fernández Paz. Conclúese destes apuntamentos que existen dous momentos neste proceso da súa escrita

    Memoria del IV Coloquio Internacional sobre Diversidad Cultural y Estudios Regionales

    Get PDF
    Esta memoria del IV Coloquio Internacional sobre Diversidad Cultural y Estudios Regionales: Escenarios de la heterogeneidad, memorias y culturas, realizada por el Centro de Investigaciones sobre Diversidad Cultural y Estudios Regionales, CIDICER, en 2016, compila las ponencias presentadas, las cuales se organizan por ejes temáticos, en 7 apartados: Culturas, Identidades e Imaginarios, Literatura Cultura e Identidades, Estéticas de la Heterogeneidad, Pluriculturalidad y Grupos Minoritarios, Diversidad Cultural e Identidades, Literatura, Identidades y Género.UCR::Sedes Regionales::Sede de Occidente::Recinto San Ramón::Centro de Investigaciones sobre Diversidad Cultural y Estudios Regionales (CIDICER

    As reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil Galega

    Get PDF
    O obxecto central deste estudo é a reflexión e análise das reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega dende as súas orixes até o ano 2010. Na primeira parte, realízase unha fundamentación teórica e metodolóxica sobre o conto de transmisión oral en xeral e o conto marabilloso, en particular, reparando sobre todo nas achegas teóricas de Vladimir Propp (1928, 1946) e Antonio Rodríguez Almodóvar (1982, 1989, 2004) sobre a súa orixe, definición, caracterización e actantes, ademais de recoller as reflexións dos estudosos sobre o seu aproveitamento, modificación e reescrituras na conformación da Literatura Infantil e Xuvenil. A segunda parte, a máis extensa, ofrece unha breve contextualización socio-política e cultural e un percorrido pola Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar diacronicamente a produción narrativa infantil e xuvenil dos catro tipos de reescrituras dos contos marabillosos (instrumentais, lúdicas, ideolóxicas e humanizadoras), propostas por Valriu (2010), en tres periodos cronolóxicos (das orixes a 1980, de 1980 a 2000 e de 2000 a 2010) nos que se constata o abundante número de publicacións e as innovacións que ofrecen en canto ao hipotexto. Ademais, ao finalizar a panorámica de cada periodo, coméntanse máis exhaustivamente unha selección daquelas reescrituras “lúdicas”, “ideolóxicas” e “humanizadoras” máis representativas e innovadoras en cada periodo, reparando no argumento, estrutura, punto de vista, temporalización, espacialización, personaxes e ilustracións. Finalmente coas conclusións, ademais da visión xeral e en conxunto sobre os cambios e innovacións máis salientables, achégase a tipoloxía daqueles personaxes arquetípicos dos contos marabillosos que se empregaron nas reescrituras narrativas infantís e xuvenís galegas
    corecore