33 research outputs found

    Breve contribución ó catálogo da traducción ó galego durante a segunda metade do s. XIX

    Get PDF
    Como o propio título indica, este traballo só pretende ser unha pequena contribución ó estudo do que significou durante unha parte do chamado fenómeno do “Rexurdimento” a presenza de traducións doutras linguas ó galego, feito este que sen dúbida debeu de axudar en boa medida a que a nosa lingua e literatura incorporasen influencias das linguas e literaturas próximas (e non tanto) e que a esas alturas posuían un prestixio moi superior. O adianto aquí ofrecido enmárcase dentro dun estudo máis amplo e ambicioso que se pretende levar a cabo nun futuro. Para a súa realización procedemos a consultar unha serie de publicacións periódicas escritas integramente en galego aparecidas ó longo da segunda metade do século XIX, coa intención de localizar aqueles textos que constituísen unha tradución ou versión dun orixinal nunha lingua diferente

    Edición e estudo lingüístico do romance de María Francisca de Isla y Losada ao Cura de Fruíme (ca. 1774-1777)

    Get PDF
    [Resumo] Este artigo contén unha edición do romance que María Francisca de Isla y Losada lle enviou a Diego Antonio Cernadas y Castro entre 1774 e 1777. Alén disto, ofrécese nel un estudo lingüístico da peza, da que pode extraerse importante información sobre o galego oral e escrito do século XVIII.[Abstract] This article contains an edition of the poem that was sent by María Francisca de Isla y Losada to Diego Antonio Cernadas y Castro between 1774 and 1777. In addition, a lin- guistic study of this poetic text is offered. Important information on oral and written Galician of the 18th century can be gathered from it

    Nota sobre O Vello d’o Pico Sagro

    Get PDF
    Neste breve texto dáse noticia do tema tratado e un resumo do contido duns pregos escritos en galego, anteriores ao Rexurdimento decimonónico, coñecidos como O Vello d’o Pico Sagro e que até o de agora, se ben eran citados profusamente polo devandito título, ninguén parecía telos consultado de visu
    corecore