34 research outputs found

    As variedades dialectais e o estándar

    Get PDF

    A lingua na construción dun teatro nacional galego

    Get PDF
    [Resumo] Estudo da importancia que tivo a lingua na configuración do teatro galego. Remóntase ao século XIX para mostrar que a pouca importancia que deron os Precursores ao teatro tivo como causa que non se considerase en perigo o rexistro oral, e segue coa polémica sobre a necesidade de utilizar o filolóxico como único criterio válido para delimitarmos o teatro galego; criterio que só se consolidou coas Irmandades da Fala. Esta mesma batalla tiveron que a dar de novo, nas décadas de 1970 e 1980, os refundadores do teatro galego

    Women’s Rights in the (Male) Theatre of “As Irmandades da Fala”

    Get PDF
    [Resumo] Para contextualizar o tema, este artigo comeza expoñendo a situación das mulleres no teatro galego das primeiras décadas do século XX, atendendo á súa participación nas actividades dramáticas como escritoras, tradutoras, actrices e tamén, desde a perspectiva da temática, como protagonistas das obras da época, as do teatro social ou teatro de tese. Móstrase a escasa presenza de escritoras, así como os prexuízos sociais que tiñan que superar para traballar como actrices; canto ao tratamento que recibían no teatro de tese, proba que as mulleres das clases populares aparecían como vítimas propiciatorias dos poderosos. Entre 1920 e 1936, fronte a unha única dramaturga, Herminia Fariña Cobián (1904-1966), cuxa obra non chegou até a actualidade, houbo catro dramaturgos galegos que escribiron, e estrearon, algunha peza destinada a defender a igualdade de dereitos para as mulleres, tres deles do grupo xeracional das Irmandades da Fala e o cuarto, da Xeración das Vangardas: Donosiña (1920), de Xaime Quintanilla; Entre dous abismos (1920), de Antón Vilar Ponte (1881-1936); A tola de Sobrán (1920), Francisco Porto Rey (1876-1941); María Rosa (1921), de Gonzalo López Abente (1878-1963) e Branca (1934), de Luís Manteiga ((1903-1949). O corpo do artigo está constituído pola análise destas obras e a reacción que provocaron nos sectores máis conservadores.[Abstract] To contextualize this topic, this article begins by showing the situation of women in Galician theatre during the first decades of the 20th Century, paying attention to their work as playwrights, translators, actresses and also, from a topic-oriented perspective, as protagonists of those plays from this period written in the sub genres of social theatre and problem plays. There were very few female playwrights at that time, and the women who wanted to work as actresses had to overcome strong social prejudices. In problem plays the female characters from lower social classes appeared as scapegoats for the rich and powerful. Between 1920 and 1926 there was only one Galician female playwright, Herminia Fariña Cobián (1904-1966), whose work has been lost, while there were four Galician male playwrights who wrote and staged plays that defended equal rights for women. Three of those four were members of the generation group Irmandades da Fala and the fourth one belonged to the avant-garde generation. The main body of this article analyses the plays Donosiña (1920), by Xaime Quintanilla; Entre dous abismos (1920), by Antón Vilar Ponte (1881-1936); A tola de Sobrán (1920), by Francisco Porto Rey (1876-1941); María Rosa (1921), by Gonzalo López Abente (1878-1963) and Branca (1934), by Luís Manteiga (1903-1949) and the response they got from the most conservative groups of the Galician society

    As personaxes femininas no teatro de Roberto Vidal Bolaño

    Get PDF
    [Resumo] En primeiro lugar, a autora realiza un percorrido cronolóxico pola obra dramática de Roberto Vidal Bolaño para estabelecer unha relación das personaxes femininas. A seguir, o corpo do artigo consiste nun estudo e análise desas personaxes agrupadas polos trazos que as unen, de forma que comeza polos tipos máis frecuentes e acaba con aquelas que, sendo protagonistas, resultan únicas.[Abstract] At the beginning of this article, the author makes a chronological overview of Roberto Vidal Bolaño’s drama works to list the female characters that appear in them. After that, the main body of this article analyses these characters, who are studied in groups according to their common characteristics, starting with the most frequent types and finishing with those who, as protagonists, are unique

    Mulleres e teatro

    Get PDF
    [Resumo] Este traballo analiza o papel das mulleres na historia do teatro galego até 1936. Ábrese coa descoñecida “Tía Falcona” que protagonizou a peza representada en Allariz (Ourense) á que foi convidado o Tío Marcos da Portela, en 1877, e cérrase coas actrices Maruxa Villanueva, Maruxa Boga e Eva Carreras que integraban o elenco semiprofesional que estreou, en 1941, Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Actrices, coristas, costureiras e, en menor medida, dramaturgas e tradutoras asoman neste artigo para constatarmos o pouco que sabemos delas

    O galego en Ferrol: a historia

    Get PDF

    O teatro de Ricardo Carvalho Calero

    Get PDF
    Ministerio de Ciencia e Innovación; FFI2009-0861

    Álvaro Cunqueiro na historia do teatro galego

    Get PDF
    [Resumo] Este traballo contextualiza a obra dramática de Álvaro Cunqueiro dentro da historia do teatro galego para incluír o autor no denominado Grupo de Enlace. Segue coas difíciles circunstancias en que se estreou O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958) e as controvertidas reaccións que produciu a súa relectura da obra de Shakespeare. Tamén se atende ás polémicas xeradas pola estrea, en 1973, d’A noite vai coma un río, para acabar coa enorme influencia que tivo o autor nas xeracións de dramaturgos galegos de finais do século XX e comezos do XXI

    Manuel Lugrís Freire no teatro galego

    Get PDF
    [Resumo] Estudo da obra dramática de Manuel Lugrís Freire (1863-1940) e do seu relevante papel na historia do teatro galego
    corecore