2 research outputs found
As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960
O obxectivo principal deste traballo era coñecer como se producira o acceso feminino aos estudos experimentais na Universidade de Santiago dende a promulgación da R.O. de 8 de marzo de 1910 que recoñecÃa o dereito das mulleres a cursar estudos libremente nos centros oficiais de ensino. Un segundo aspecto consistÃa en darlles visibilidade como parte integrante desta institución educativa superior, a única existente en Galicia naquel momento.
Nunha primeira parte desenvolvemos un marco teórico sobre a perspectiva de xénero, estudos de xénero e conceptos clave. Na segunda expoñemos o marco histórico con referencia á educación superior das mulleres. Finalmente na terceira parte, afondamos na análise da presenza das mulleres nas facultades de Ciencias, Medicina e Farmacia, únicas facultades experimentais na US no momento do noso estudo.
O método empregado foi a análise dos libros de rexistro de matrÃcula que se encontran no Arquivo Histórico Universitario, examinando tamén outra documentación neste e noutros arquivos. HaberÃa que xustificar o acoutamento da tese entre 1910 e 1960 en función da restritiva lexislación vixente sobre o uso documental e persoal.
As alumnas procedÃan principalmente de áreas urbanas, gardando especial relación co emprazamento de centros de ensino medio. O perfil familiar das estudantes era de clase media/ media alta, observando baixa representación das rendas máis baixas. O éxito académico foi elevado entre as matriculadas nas primeiras décadas, en especial entre as alumnas de Medicina.
Dende o curso académico 1928-29 a US supera á media universitaria española en poboación feminina, colocándose á cabeza, a partires de 1939. As diferenzas máis significativas aparecen na Facultade de Ciencias, sendo a que reflicte maior incremento de matrÃcula entre 1942-1958.
Non puidemos saber se todas estas mulleres acadaron os seus obxectivos profesionais pero puidemos seguir algúns percorridos vitais que aparecen no apartado de Itinerarios de mulleres máis significativa
Marie Anne Paulze Lavoisier: unha descoñecida cientÃfica
[RESUMO] A contribución das mulleres á creación cientÃfica ao longo da historia da Humanidade non parece importante se consideramos o pouco que aparecen nos libros de texto; deste xeito, o alumnado non advertirá a existencia de mulleres que fixeron ou elaboraron leis ou teorÃas nas ciencias. Personaxes como: Hipatia de AlejandrÃa, Hildegarda de Birgen, Caroline Herschel, MarÃa Cunitz, Marie Orr Evershed, Augusta Ada Byron, MarÃa Montagu, MarÃa Agnesi, SophÃa Germain, Sonya Kovalevski, MarÃa Goeppter Mayer, Rosalin Franklin, Lise Meitner,..., son descoñecidas do gran público. Incluso aquelas que resultan ser coñecidas, como Irene ou Marie Curie, tampouco foron dabondo valoradas. Para recuperar estas mulleres cientÃficas do silencio e do esquecemento e facelas visibles debemos sacar á luz as súas achegas. Este é o caso da protagonista da nosa comunicación. Marie-Anne Pierrette Paulze, que nos libros aparece como a esposa de Lavoisier, pero non como unha persoa con coñecementos cientÃficos profundos como esperamos amosar. Presentamos as súas no mundo da quÃmica, que practicaba xunto ao seu home, e a todos cantos cientÃficos formaban o chamado grupo do Arsenal