17 research outputs found

    «Da ren que mays amey / daquela me segudades» (Osoyro Anes, B 40)

    Get PDF
    Des que en 2008 tiven ocasión de achegarme á figura histórica do trobador Osoyro Anes, chamoume a atención a lectura que os distintos editores que editaron a súa obra ofrecen do vocábulo final do verso 9 da súa cantiga v(B 40), pois parecíame que non pechaba a estrofa cun sentido satisfactorio. Esta lectura vénse repetindo desde a edición das cantigas de amor do noso autor ofrecida por Carolina Michäelis de Vasconcellos ata a máis recente de J. Carlos Miranda. Cando tiven noticia da edición monográfica do corpus poético de Osoyro Anes que preparara Simone Marcenaro, pensei que fi nalmente este erro ía ser corrixido. Pero non foi así. Por iso me animo a publicar esta nótula, coa esperanza de dar cabo a unha tradición crítica errónea que se vén reiterando de xeito rutineiro, talvez confiada en exceso das leccións dos grandes mestres, algo desatenta á letra dos manuscritos e, sobre todo, non dabondo consciente da necesidade de considerar coidadosamente os aspectos lingüísticos dos texto

    The development of written Galician in the earliest period

    Get PDF
    No presente traballo ofrécese unha análise scriptolingüística dunha serie de textos producidos en Galicia entre ca. 1225 e 1254, lidos directamente sobre os orixinais, e que mostran diversos graos de aproximación á escrita plenamente romance e galega que se iría xeneralizando nas últimas décadas do século XIII.This article presents a scripto-linguistic analysis of a set of texts produced in Galicia between c. 1225 and 1254, read directly from original manuscripts, which exhibit various degrees of approximation to the fully Romance and Galician spelling that was adopted generally by the end of the thirteenth centur

    A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso

    Get PDF
    A partir do conxunto de noticias que ofrecen os devanditos estudosos, da información que contén o tumbo de Fiães, dunha referencia documental máis procedente da catedral de Tui e particularmente dos elementos novos que ofrece a documentación diplomática do mosteiro de Melón, coidamos que xa é posible construír un cadro moito máis preciso en que situar Johan Soayrez Somesso. É o que imos tentar no presente contributo, mostrando ao tempo a relevancia que isto ten para a historia da lírica trobadoresca galego-portuguesa

    Sobre a norma léxica do galego culto : da prosa ficcional de Nós ao ensaio de Galaxia

    Get PDF
    Noutros traballos nosos publicados antes temos chamado a atención sobre facetas desatendidas do proceso de constitución da norma culta do idioma galego no período contemporáneo, sinalando en particular a importancia do estudio do léxico e a semántica. O presente contributo ofrécese como unha achega nesa liña. En primeiro lugar, procederemos a desenvolver, explicitar e luír certos aspectos do aparello analítico que vimos empregando, que en artigos anteriores se trataron de xeito sumario e arestora xulgamos que requerían un maior afinamento. En contrapartida, na presente ocasión limitámonos a presentar rapidamente, en liñas xerais, nocións que noutras explicamos máis a fondo e de vagar. A seguir da dita presentación, vén o cerne do traballo, onde ampliamos, matizamos e exemplificamos observacións, reflexións e conclusións que temos avanzado en estudios anteriores. Para facelo, analizaremos e compararemos os procedementos e os resultados no tratamento do vocabulario en dous autores de indiscutible significación na historia recente da ‘lingua de cultura’ galega: Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) e Ramón Piñeiro (1915-1990). Finalmente, incluímos o obrigado colofón bibliográfico, cinguido aos estudios máis importantes en que nos esteamos, seguindo un criterio moi selectivo; descansamos, pois, nos amplos repertorios que conteñen os contributos que aí figuran, especialmente os nosos propios, onde o lector ou lectora poderá identificar a literatura aquecente
    corecore