5 research outputs found

    Microtoponyms of Sálvora

    Get PDF
    No verán de 2013 realizouse a recolleita da microtoponimia de Sálvora e do seu arquipélago, no marco do Proxecto Toponimia de Galicia. O feito de se tratar dun espazo insular que levaba despoboado case medio século dificultou o proceso, porén precisamente por esa excepcionalidade os resultados obtidos teñen un especial valor para as análises tanto filolóxicas como históricas. O presente estudo ten dous bloques fundamentais, denominados Metodoloxía e Análise da toponimia. No primeiro deles explicamos como se realizou o traballo de recolleita, que criterios se adoptaron e que problemas se enfrontaron. No segundo examinamos a toponimia do interior de Sálvora, a talasonimia dos elementos que a rodean e os xenéricos locais utilizados polos informantes. Esta análise aportou diversos datos para o coñecemento dos modelos pasados de poboamento e organización da illa, e de explotación e humanización do mar. A toponimia demostra unha vez máis ter interese máis aló do ámbito estritamente lingüísticoIn the summer of 2013 we collected the microtoponyms of Sálvora and its archipelago, within the framework of Proxecto Toponimia de Galicia. The fact it is an island depopulated for nearly half a century hampered the process, but precisely because of this exceptionality the results obtained have a special value for both philological and historical studies. This study has two main parts, Methodology and Analysis of toponyms. The former explains how data collection was carried out, what criteria were adopted and what problems were faced. The second part examines inland toponyms of Sálvora, maritime toponyms of the surrounding area and local generic words used by informants. The study contributed data pertinent to the patterns of past settlement and organization of the island and the exploration and humanization of the sea. The interest of toponymy for issues beyond the strictly linguistic is reconfirmedS

    Hillforts in the time of villae. Non-military functions of Sarria valley hillforts during the Early Middle Ages

    Get PDF
    A densidade e as particularidades que os poboados da Idade do Ferro teñen en Galiza convertéronos en elementos estruturadores do territorio e portadores dunha fortísima carga simbólica ao longo dos séculos, até hoxe. O duradeiro e irregular proceso de desaparición do modelo castral cara a unha rede campesiña de asentamentos abertos nos vales e chairas parece terse culminado na Alta Idade Media, cando as villae, predecesoras das aldeas e parroquias de época feudal, son xa a célula de poboación hexemónica. No presente traballo analizaremos o papel social que tiñan os castros no val do Sarria nesa altura baseándonos na análise dos documentos do tombo de Samos e no estudo histórico da paisaxe.La densidad y las particularidades que los poblados de la Edad del Hierro tienen en Galicia los han convertido en elementos estructuradores del territorio y portadores de una fortísima carga simbólica a lo largo de los siglos, hasta hoy. El duradero e irregular proceso de desaparición del modelo castral hacia una red campesina de asentamientos abiertos en los valles y llanuras parece haberse culminado en la Alta Edad Media, cuando las villae, predecesoras de las aldeas y parroquias de época feudal, son ya la célula de población hegemónica. En el presente trabajo analizaremos el papel social que tenían los castros en el valle del Sarria en esa altura basándonos en el análisis de los documentos del tumbo de Samos y en el estudio histórico del paisaje.The density and the particularities that Iron Age hillforts show in Galicia turned them into main elements in territory organization and in social symbolism throughout the centuries. The lasting and irregular process of the disappearance of the closed hillfort model towards a network of open settlements in the valleys and plains seems to have been completed in the Early Middle Ages, when villae, predecessors of villages and parishes of feudal times, were already the hegemonic population centers. In this paper we will study the social role that hillforts had in the Sarria valley at that time, basing our analysis on documents from the Samos documental collection and on the study of the landscape.S

    O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII)

    No full text
    Esta disertación de doutoramento interrógase sobre as orixes dos castelos en Galiza. Aínda que utilizando metodoloxías e recursos diversos, o cerne da pesquisa baséase no estudo dos diplomas conservados nos tombos de Celanova, Samos, Sobrado e o Tombo A da catedral de Santiago de Compostela, a través dos que se enfrontan fundamentalmente dúas cuestións. A primeira é a análise das funcións dos castros antigos na sociedade altomedieval e a súa posíbel relación cos novos modelos de fortificación, deitando luz na aparente indefinición que a terminoloxía castral da documentación galega da altura presenta. A segunda, focada xa nos castelos medievais en si propios, consiste na procura de resposta para as seguintes preguntas: cando xurdiron, para que foron construídos e de quen dependían neses primeiros momentos

    As linguas e as identidades: o papel do profesorado de Ciencias Sociais nas sociedades plurilingües

    No full text
    In the time of globalization, the role of teachers within the (inevitable) link among education, languages and identities is essential. In the realm of the Social Sciences, both in research and especially in teaching itself, it is necessary to elaborate a coherent and conscious stance about the place that languages must occupy in multilingual societies. Sociolinguistics is the main discipline we can look to in order to begin this essay, and in Galiza there already are interesting works about it. However, we must transcend these and, drawing on our social training, contribute to the understanding of the identitary and linguistic reality which has an impact on the integral education of children, and which is also linked to History, Geography and Arts. For Social Studies teachers in a society with a minoritised language, whose speakers are victims of stigma, we propose an ethical course of action: the responsible use of the native language in every context in order to dignify it among the students, the introduction of languages in the social studies syllabus, and the defense of ecolinguistic values, diversity and respect for difference.No tempo da globalización, o papel do profesorado no vínculo (inevitábel) entre educación, linguas e identidades é fundamental. Desde as Ciencias Sociais, tanto no eido da investigación como especialmente no propio ensino, faise necesaria a elaboración dunha postura coherente e consciente arredor do lugar que deben ocupar as linguas nas aulas das sociedades plurilingües. A sociolingüística é a disciplina en base á cal podemos comezar a elaborar esa proposta, e en Galiza existen xa importantes traballos que nos poden ser útiles nos primeiros momentos. Porén, debemos ir máis alá para colaborarmos desde a nosa formación social á comprensión dunha realidade lingüística e identitaria que incide na formación integral das crianzas, e que está fortemente vinculada á Historia, a Xeografía ou a Arte. Para os docentes de Ciencias Sociais nunha sociedade cunha lingua minorada, cuxos falantes son por defecto vítimas do estigma, propóñense unhas liñas de actuación éticas: o uso responsábel da lingua en todos os ámbitos para a súa dignificación ante o alumnado, a introdución de temas lingüísticos dentro dos temarios de materias sociais e a defensa dos valores do ecolingüismo, da diversidade e o respecto pola diferenza

    Asentamentos fortificados no interior da Gallaecia en época tardoimperial e sueva (séc. IV-VI): Un achegamento a partir de varios casos de estudo

    No full text
    Neste artigo presentamos os principais resultado dos traballos arqueolóxicos realizados nunha serie de asentamentos fortificados situados no sueste da Galiza. Estes, coñecidos na historiografía, levaban tempo, porén, requirindo unha revisión arqueolóxica en profundidade debido á fragmentación dos dados sobre eles. Esta incluíu unha caracterización morfolóxica do sitio e unha análise da materialidade depositada nos museos de referencia. Mentres que a realidade da aparición dunha paisaxe fortificada na época pos-romana en lugares tan próximos como o Val do Douro, por exemplo, é algo asumido, para a historiografía galega esta realidade é algo descoñecido ou excluído. Ao longo deste texto pretendemos profundar no coñecemento existente arredor desta paisaxe fortificada para a Gallaecia, reformulando algunhas das principais hipóteses historiográficas para este período.We present in this paper the main result of the archaeological works carried out on a cluster of fortified settlements located in the southeastern part of Galiza. These sites, well-known by historiography, required a deep archaeological revision, due to the fragmentation of data. This revision included a morphological characterization of each site and an analyses of the archaeological record located in the different museums. While the appearance of a fortified settlement in post-Roman times is something accepted in close territories such as the Duero valley, for the Gallician historiography is unknown or even excluded. Through this paper we will tackle with the available data of these fortified settlement for Gallaecia, drawing up some of the main hypothesis for this period
    corecore