32 research outputs found

    A educación para a saúde dende os departamentos de orientación dos centros públicos de educación secundaria obrigatoria da provincia de Ourense

    Get PDF
    [Resumo] A través deste estudio preténdese realizar unha aproximación teórico - práctica á educación para a saúde e á orientación educativa, xustificando a relación entre ambas temáticas, que nos acerque á problemática e propostas de acción educativa coas que conviven os departamentos de orientación dos centros públicos de Educación Secundaria Obrigatoria da provincia de Ourense, mediante as aportacións dos orientadores/as de ditos centros[Resumen] A través de este estudio se pretende realizar una aproximación teórico - práctica a la educación para la salud y la orientación educativa, justificando la relación entre ambas temáticas, que nos acerque a la problemática y propuestas de acción educativa con las que conviven los departamentos de orientación de los centros públicos de Educación Secundaria Obligatoria de la provincia de Ourense, mediante las aportaciones de los orientadores/ as de dichos centros.[Abstract] With this study we intend to establish a theoretical and practical approach of the health education and educational guidance. We intend to establish the relationship between both fields and to examine the problems and educational proposals the different guidance departments of the secondary schools in the province of Ourense are facing. We make use of the contributions of the guides working in this school

    El turismo en clave de agua. Análisis de la presencia online de villas termales

    Get PDF
    Los ayuntamientos de Bande, Cenlle y Lobios presentan posibilidades de desarrollo turístico ligados al termalismo. Los tres municipios presentan una serie de recursos a mayores de las aguas que completarían la oferta turística de interés de la zona, y ofrecen numerosas posibilidades tanto en el ámbito natural como cultural. Uno de los recursos cada vez más empleados para conocer un destino es a través de información que aparece en Internet. Es evidente, por tanto, que la información online juega un papel importante para difundir los destinos turísticos a posibles viajeros o turistas, porque el nuevo viajero digital encuentra en internet su herramienta de trabajo. En este contexto parecía de interés analizar si el patrimonio existente en los ayuntamientos en cuestión está visibilizado y puesto en valor en internet. Así, planteamos como objetivo identificar y analizar la información turística online disponible en esos ayuntamientos. La investigación se centró en las webs municipales, entendidas como carta online de presentación de los ayuntamientos, y se completó con información de otras webs: Deputación Provincial de Ourense, INORDE (Turismo Ourense), Turgalicia y Termas Ourense. Metodológicamente se optó por un enfoque cualitativo basado en un análisis de contenido de las diversas web, desde un enfoque descriptivo e interpretativo.Deputación Provincial de Ourense INOU-201

    PreMedia2. Estudo etnográfco do sitio con arte rupestre do Penedo Gordo e deseño de ferramentas de avaliación interpretativa

    Get PDF
    O proxecto «PreMedia. Interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática (PRE) da comarca de Monterrei (2018-2021)» comprende dous subproxectos: PreMedia1, que se circunscribe á creación dunha contorna visual para interpretar os sitios cos elementos patrimoniais analizados; e PreMedia2, que se ocupa do estudo etnográfco e da análise de satisfacción da difusión do primeiro. Este traballo céntrase en presentar as bases da pescuda arredor de/sobre o Penedo Gordo baseándose na primeira intervención arqueolóxica, e como esta pode ter relación ou incidencia no contexto social e cultural da comarca. As observacións realizadas durante este proxecto permitíronnos describir como as poboacións próximas ao Penedo Gordo integraron este xacemento na súa concepción territorial e patrimonial. Como punto de partida, defníronse obxectivos que permitisen complementar a intervención arqueolóxica desde a etnografía e a análise patrimonial crítica, coa intención de desenvolver un diálogo interdisciplinario efectivo e simbiótico. Co fn de coñecer cal é a percepción actual por parte da poboación do lugar, empregáronse dúas ferramentas metodolóxicas cualitativas: entrevistas a veciños e veciñas, e a observación de campo. Desde a perspectiva técnica, a de patrimonialización do penedo, artéllanse entre a recreación dunha tradición oral decaída (desde a perspectiva técnica) e as posibilidades de presentación do seu novo valor arqueolóxico que non aparece, a día de hoxe, como un elemento de identidade local

    Are older adults’ leisure patterns consistent with the active ageing model? The influence of the ageist stereotypes

    Get PDF
    More and more studies indicate that leisure plays a fundamental role in active ageing. Our study describes the current leisure patterns of older adults, comparing them with other age groups. Consequently, 445 adults, stratified by age (young, middle-aged and older adults), were selected and subsequently administered a set of tests. The results indicate that older people claim having more time for their leisure activities; however, the diversity of activities performed is lower, showing a negative gradient based on age. The leisure patterns of older people reflect a predominance of passive leisure, little cultural leisure time and moderate levels of social and physical leisure activities. Older people’s leisure seems to be influenced by ageist stereotypes and attribution biases. Our findings imply that these results could be used to design and implement programs aimed at promoting leisure styles that contribute to increase active ageing.Financiado para publicación en acceso aberto: Universidade de Vigo/CISU

    Usos e patrons nas áreas termais da provincia de Ourense como topías

    Get PDF
    Na provincia de Ourense contamos con numerosos mananciais termais próximos ás beiras dos ríos que a atravesan. Estes foron utilizados de formas moi diferentes en distintas épocas, pero sempre constituíron un foco de interacción humana e co medio. As áreas de baño termal abertas son un recurso en que é posible tomar un baño durante a maior parte do ano, e están a ser obxecto de atención das administracións públicas. Ata o momento non contamos con datos etnográficos, nin de perfil nin sobre os usos practicados. Levouse a cabo un traballo de campo mixto con entrevistas e enquisas a usuarios/as e a persoas encargadas da xestión co que se pretende construír unha primeira aproximación ao termalismo aberto na provincia de Ourense. Os datos máis salientables definen un perfil de usuaria/o de mediana idade, de procedencia española, asalariada e que fai un uso repetido. Considérano unha actividade social, de persoas adultas, ao que lle atribúen calidades de curación ou de benestar. As motivacións para o seu uso están asociadas á tranquilidade, descanso e saúde, ademais de fins turísticos e como actividade de lecer ao aire libre. Aínda que a valoración das termas é moi positiva, formulan propostas de mellora relacionadas coa limpeza e maior dispoñibilidade de servizos.Deputación Provincial de Ourense INOU 201

    Unleashing creativity and cooperation: a qualitative case study on designing digital breakouts for social education degrees

    Get PDF
    This article examines the implementation of a cooperative training workshop for Spanish undergraduate social educators. The workshop aimed to explore the integration of escape rooms and breakouts in teaching, specifically addressing cyberbullying as a curricular topic. A total of 40 students participated in designing and qualitatively evaluating the training workshop. The findings highlight the workshop’s effectiveness in enhancing social education students’ training, preparing them for future professional careers, and enhancing their learning, teamwork, and proficiency in utilising ICT programs and resources. The study underscores the significance of incorporating these innovative approaches to improve student motivation, interest, and overall skill development

    Actividades de ocio y consumo abusivo de alcohol en adolescentes gallegos escolarizados

    Get PDF
    En el presente estudio pretendemos analizar, en población adolescente escolarizada, la relación entre el ocio y consumo de alcohol, en función del género.Los resultados del estudio, realizado con 1532 participantes, evidencian la importancia que el estilo de ocio tiene sobre el consumo y abuso de alcohol. En él, se aprecian diferencias en función del género en la prevalencia e intensidad de consumo. Estos datos son de utilidad, para el diseño e implementación de acciones preventivas

    Retos na posta en valor do patrimonio natural e cultural nas vilas termais da provincia de Ourense

    Get PDF
    Na provincia de Ourense hai catro concellos (Ourense, Bande, Cenlle e Lobios) que ofrecen a posibilidade de acceder a recursos termais de forma pública, é dicir, gratuíta e de acceso libre. Son as denominadas pozas ou charcas. Estas puxéronse en funcionamento como unha forma de permitir o acceso da poboación xeral aos recursos termais que se atopan no seu territorio. Dous contan con explotacións termais de tipo balneario privado. Os recursos termais de acceso libre dos concellos deu lugar a unha nova forma de gozo dos recursos acuíferos de tipo recreativo que supón un atractivo non só para a veciñanza, senón que se converteron nun atractivo turístico cara a visitantes e turistas, ademais de estar a xerar unha cultura termal específica para explotar desde os concellos. O desenvolvemento de infraestruturas e formas de xestión que posibilitan o uso aberto dun recurso de dominio público hidráulico por parte dos concellos está limitado polo modelo de xestión posible. Unha demanda que manifestan os alcaldes e alcaldesa dos concellos de Bande, Cenlle e Lobios é a posibilidade de utilizar os recursos patrimoniais (naturais –recursos paisaxísticos e rutas a pé– e culturais –materiais e inmateriais–) para atraer máis visitantes ás pozas e, á inversa, que quen visite as pozas amplíe a súa estadía creando unha sinerxía que lles dea un valor engadido ás posibilidades de desenvolvemento turístico dos devanditos concellos. Esta investigación ten como obxectivo analizar cales son os recursos dispoñibles e como están a ser postos en valor e como están a ser utilizados, dados a coñecer e publicitados a visitantes, co gallo de ofrecer posibilidades de pór en práctica para a promoción turística local nestes tres concellos.Deputación Provincial de Ourense INOU 201

    ¿Influyen las opciones político-religiosas en las actitudes hacia las personas mayores?

    Get PDF
    El objetivo de este trabajo ha sido evaluar la relación que existe entre la práctica religiosa y la identidad política con los conocimientos y actitudes viejistas

    Estudo do padrón de comportamento dos e das adolescentes ourensáns en relación co uso dos videoxogos

    Get PDF
    O avance dos videoxogos (VDJ), da man da revolución tecnolóxica, foi exponencial nos últimos anos. Aínda que a maioría dos estudos son transversais e non permiten determinar causalidade, mostráronse diferenzas relevantes no cerebro da persoa xogadora con respecto á adicta. O uso problemático de VDJ asociouse a diversos prexuízos sobre a saúde física, sedentarismo, illamento social, trastornos emocionais e mesmo co consumo de substancias. Método: recolléronse datos dunha enquisa transversal de 702 estudantes ourensáns de entre 11 a 19 anos. Resultados: existen diferenzas de xénero tanto no tipo de videoxogos coma no tempo que lle dedican a xogar con eles. O 58,6 % dos mozos e o 19 % das mozas presentan un risco potencial de ter problemas cos videoxogos, pero cabe destacar que o 9,3 % dos mozos e o 2,2 % das mozas (media: 5,75 % dos e das adolescentes ourensáns) presentan a sintomatoloxía característica dunha adicción aos videoxogos. Os familiares non adoitan xogar moito con eles aos videoxogos no fogar; de feito, o 43,7 % da mostra indica que os seus proxenitores non mostran interese por coñecer os videoxogos, e só o 39,2 % dos e das adolescentes xogan a videoxogos recomendados segundo a súa idade. As análises tamén revelaron correlacións positivas entre o uso problemático de VDJ co consumo de tabaco, alcohol e a idade de inicio do seu consumo. Esa mesma tendencia atópase no consumo de cánnabis, aínda que as diferenzas non son significativas. Conclusións: cómpre seguir profundando no seu estudo mediante deseños lonxitudinais que permitan lanzar máis luz sobre os posibles mecanismos subxacentes a este tipo de codiccións.Deputación Provincial de Ourens
    corecore