2 research outputs found

    A defensa das plantas fronte a patóxenos

    Get PDF
    Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: FitopatoloxíaEsta unidade didáctica inclúese na materia Fitopatoloxía que se imparte no cuarto curso do grao en Bioloxía, cunha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS. Os destinatarios son alumnos de último curso de Grao. A Fitopatoloxía, que estuda as enfermidades das plantas, está especialmente relacionada con outras materias do Grao, como Botánica, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal, Bioquímica e Xenética. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais para entender as interaccións entre os organismos patóxenos e os vexetais como consecuencia das cales aparecen as enfermidades. Dentro do programa teórico da materia, esta unidade didáctica impartirase despois da introdución xeral da materia e da descritiva dos procesos de patoxenicidade na interacción hóspedepatóxeno. A Fitopatoloxía é unha disciplina que estuda os patóxenos vexetais e a súa interacción coas plantas (enfermidade), e o medio ambiente; neste sentido, resulta imprescindible para comprender a fisioloxía da disfunción asociada ao proceso de patoxenicidade, coas súas fondas repercusións para a economía agrícola e a alimentación dos seres humanos. Asemade, a Fitopatoloxía é a disciplina encargada da prevención e da administración de medidas fitosanitarias para reducir, na medida do posible, as consecuencias asociadas á aparición e a diseminación das enfermidades das plantas.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Transformación xenética de plantas

    Get PDF
    Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Biotecnoloxía VexetalA presente unidade didáctica forma parte da Biotecnoloxía Vexetal, que trata da modificación dos vexetais de cara ao seu aproveitamento. É unha materia ordinaria do grao (RD 1393/2007),que necesita un alto nivel de comprensión de materias anteriores, como Bioquímica I e II e Xenética I e II de segundo curso, as Fisioloxías Vexetais I e II de terceiro curso, e moi especialmente a Bioloxía Molecular, obrigatoria do primeiro semestre de cuarto curso. Durante séculos, dende o inicio da agricultura, a humanidade fixo un gran esforzo no desenvolvemento de métodos que permitiron mellorar a calidade e a produción dos cultivos, tales como a hibridación e os cruzamentos selectivos. Se noutras áreas falamos de interese, no caso da biotecnoloxía vexetal debemos falar de necesidade, pois o sustento fundamental da alimentación sempre foi, e probablemente continúe a ser, a produción dos cultivos de plantas de interese comercial. Segundo todas as estimacións, a poboación humana medrará de forma significativa nas próximas décadas, mentres que a produción de alimentos de orixe vexetal se atopa nunha situación na que non cabe esperar achegas de novo solo ou melloras na produtividade por métodos tradicionais. Nese contexto, a transformación xenética aparece como unha ferramenta que se desenvolve para conseguir a suficiencia alimentaria da humanidade nun futuro próximo e para mellorar a produtividade económica e ambiental do sector agrícola. En contraste coa mellora xenética tradicional, que se basea no cruzamento de centos ou miles de xenes, a Biotecnoloxía Vexetal permite a transferencia dun ou duns poucos xenes desexables. Esta tecnoloxía máis precisa proporciona aos melloradores vexetais as ferramentas para obter plantas de cultivo con carácteres desexables dunha forma mais rápida e controlada. Hai, de calquera xeito, grandes retos que se deben asumir nos próximos anos, como a percepción social da transxénese, ou as dificultades e peculiaridades asociadas ás técnicas do cultivo in vitro e á enxeñaría xenética en plantas. Ademais da formación científica, esta materia permitirá ao alumnado ter unha capacidade crítica e fundamentada para valorar a presenza continua de novas asociadas á problemática da transformación xenética de cultivos empregados como alimento. De calquera xeito, a transformación xenética de plantas, entendida como o proceso que permite o estudo funcional dos xenes e a mellora molecular das plantas, presenta un notable interese para a formación de alumnos de Bioloxía e moi en particular para os futuros biotecnólogos vexetais.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic
    corecore