Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: FitopatoloxíaEsta unidade didáctica inclúese na materia Fitopatoloxía que se imparte no cuarto curso do grao en Bioloxía, cunha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS.
Os destinatarios son alumnos de último curso de Grao. A Fitopatoloxía, que estuda as enfermidades das plantas, está especialmente relacionada con outras materias do Grao, como Botánica, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal, Bioquímica e Xenética. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais para entender as interaccións entre os organismos patóxenos e os vexetais como consecuencia das cales aparecen as enfermidades. Dentro do programa teórico da materia, esta unidade didáctica impartirase despois da introdución xeral da materia e da descritiva dos procesos de patoxenicidade na interacción hóspedepatóxeno.
A Fitopatoloxía é unha disciplina que estuda os patóxenos vexetais e a súa interacción coas plantas (enfermidade), e o medio ambiente; neste sentido, resulta imprescindible para comprender a fisioloxía da disfunción asociada ao proceso de patoxenicidade, coas súas fondas repercusións para a economía agrícola e a alimentación dos seres humanos. Asemade, a Fitopatoloxía é a disciplina encargada da prevención e da administración de medidas fitosanitarias para reducir, na medida do posible, as consecuencias asociadas á aparición e a diseminación das enfermidades das plantas.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic