21 research outputs found

    Variedade e empobrecemento do léxico

    Get PDF

    A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do século XIX e primeiros anos do XX

    Get PDF
    Durante a segunda metade do s. XIX, coincidindo coa recuperación literaria do galego, rexístranse os primeiros intentos de describir a súa gramática, de fixar a súa ortografía e de establecer o seu corpus lexical. Tomando como base os textos lingüísticos e os que de forma tanxencial tratan temas desta natureza, este traballo trata de aproximarse ós problemas que os primeiros estudosos do galego moderno tiveron que enfrontar á hora de elaboraren un modelo ortográfico e gramatical, ós medios empregados para superalos e ás finalmente recollidas e propostas. Polo que se refire ó patrón ortográfico, tras estudar a influencia exercida pola tradición antiga e polos modelos portugués e español, o autor identifica dúas tendencias enfrontadas: unha simplificadora, que concibe a ortografía desde presupostos utilitarios, e outra erudita e de vocación elistista. Con respecto á descrición gramatical, o traballo estuda os paradigmas propostos para cada unha das "partes orationis" e a partir deles achega información sobre os criterios manexados no proceso de fixación da variedade culta. Con estes materiais o autor fornece datos sobre a lingua da époc

    O romancillo da cea do cordeiro, texto galego do século XVII

    Get PDF
    O esplendor do barroco galego, que deu obras cimeiras nos campos da arquitectura e da escultura, non tivo correlato na literatura nin na produción escrita en xeral. Por iso, na historia da lingua e a cultura galegas o período comprendido polos séculos xvi, xvii e xviii foi nomeado, de maneira ben plástica, Séculos Escuros, en contraposición explícita co Século de Ouro español e co Século das Luces europeo. A práctica desaparición da escrita en galego volve importantes, por excepcionais, todas as composicións, impresas ou manuscritas, producidas nesta lingua durante eses séculos. Tal é o caso do poema anónimo que ten por primeiro verso «Vira gallegiña», chamado por nós «Romancillo da cea do cordeiro». Nesta contribución ofrecemos a edición, contextualización e caracterización desta nova peza non moi extensa, composta probablemente contra fi nais do século xvii e descoñecida ata agor

    Presentación do Proxecto

    Get PDF
    Conferencia presentada no III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística. Londrina (Brasil), 7-10 outubro 2014Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

    Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna

    Get PDF
    Conferencia presentada no 3 Internationales Kolloquium zu historischen Corpora der Iberoromanischen Sprachen. Zürich, 23-25 xuño 2014.Esta comunicación pretende ofrecer, a partir dunha pequena selección de pezas do corpus, unha mostra do proceso de edición e etiquetación das obras, así como do funcionamento das aplicacións e ferramentas desenvolvidas tanto para o tratamento dos textos (aliñamento dos distintos niveis de edición, etiquetación morfolóxica, lematización...) como para a súa visualización e para a explotación dos datos
    corecore