1,513 research outputs found

    Firmes e conservación de vías

    Get PDF
    Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras LineaisEsta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado, coordinación entre planta e alzado, e sección transversal. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse as obras de explanacións (UD3). Neste tema trabállanse, entre outros, os conceptos fundamentais relativos a formación e estabilización de explanadas, que terán unha gran importancia na presente unidade didáctica. En segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4). O módulo péchase con esta unidade didáctica, na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados cos firmes, que constitúen a superestrutura dunha estrada, e a conservación de vías. Na primeira parte, faise unha descrición dos firmes coas súas principais funcións e características, estúdanse as tipoloxías existentes, e móstranse os factores a considerar no seu deseño. A continuación, para rematar, realízase unha breve introdución á conservación de estradas, facendo fincapé na súa importancia. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. O alumnado ten a posibilidade de ampliar os coñecementos de firmes e conservación de vías adquiridos nesta unidade didáctica cursando a materia optativa “Firmes e Conservación de Vías” que se imparte no 4º curso da titulación. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados nesta unidade didáctica poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación de estradas.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Drenaxe

    Get PDF
    Titulación: Grao en Enxeñaría Agroforestal -- Materia: Deseño e Construción de Obras LineaisEsta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder aborda-lo deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os aspectos normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Co seguinte tema (UD3) comeza a parte do módulo dedicada ao deseño e construción da infraestrutura dunha estrada. Neste caso preséntanse os aspectos máis importantes relacionados coas explanacións ou obras de terras. Na presente unidade didáctica (UD4) explícanse os fundamentos do deseño dos sistemas de drenaxe dunha infraestrutura viaria. Preséntanse, en primeiro lugar, os conceptos relativos á drenaxe superficial: estudos hidrolóxicos, estudos hidráulicos, descrición e deseño dos diferentes elementos de drenaxe, etc. e posteriormente, abórdanse brevemente os conceptos básicos relativos á drenaxe subterránea. O módulo péchase cun tema no que se estuda a problemática do deseño, construción e conservación dos firmes (UD5), que constitúen a superestrutura dunha estrada. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. Para o correcto seguimento da mesma recoméndase que os alumnos teñan coñecementos básicos de Hidroloxía e Hidráulica de canles. En todo caso os conceptos relativos a estas disciplinas atópanse explicados con bastante profundidade na propia unidade. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Movementos en masa

    Get PDF
    Titulación: Máster en Medio Ambiente e Recursos Naturais -- Materia: Xeoloxía AmbientalO programa que se presenta está especificamente deseñado para o alumnado que cursa o Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais, polo que se centra naqueles aspectos da Xeoloxía Ambiental que non se estudan noutras materias da titulación; por exemplo non se estuda o solo como recursos porque os alumnos cursan distintas materias desa disciplina. Dentro do programa pódense diferenciar claramente dúas partes, na primeira estúdanse os recursos (unidades II a IV) e na segunda os riscos (unidades V a IX)xeolóxicos. A presente unidade didáctica (en diante UD) encádrase na parte do programa onde se estudan os distintos riscos xeolóxicos, é dicir, aqueles fenómenos asociados a procesos xeolóxicos naturais que teñen lugar na superficie da Terra e que representan unha ameaza para a vida humana e para as súas propiedades. Nas unidades anteriores estudáronse os riscos xeolóxicos que son resultado de forzas do interior da Terra (erupcións volcánicas e terremotos) e nesta UD comezamos a analizar os resultantes de forzas externas (na superficie da Terra ou moi preto dela). Os movementos en masa constitúen un conxunto de procesos mediante os cales os materiais terrestres móvense por acción da gravidade. A maioría destes movementos teñen lugar en zonas de ladeira; pero mesmo en zonas chairas pódense producir desprazamentos, de maneira que existen poucas áreas totalmente exentas de perigo. En primeiro lugar trataranse aqueles movementos en masa non incluídos entre os corrementos de terra e a continuación centrarémonos nos corrementos de terra. Estudaranse os procesos, as consecuencias e as medidas para a prevención e a mitigación dos danos que poidan ocasionar.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Fachadas ventiladas : estudos do comportamento termodinámico

    Get PDF
    En este trabajo se muestra un pequeño recopilatorio de los estudios del comportamiento termodinámico de las fachadas ventiladas para ver la relación establecida con las necesidades constructivas actuales. Se empieza viendo los puntos clave de la historia de las fachadas para tener una visión general de la evolución de estas. Para ver las necesidades constructivas desarrollamos el funcionamiento conceptual desde una visión transversal desde diferentes ópticas, para pasar a la definición y clasificación de las fachadas ventiladas. De manera muy breve vemos los fenómenos de transferencia de calor de un edificio para entender los fenómenos de transferencia de calor de las fachadas ventiladas. Es entonces cuando resumimos los estudios experimentales consultados de las fachadas ventiladas para finalmente hacer unas reflexiones del comportamiento térmico y fluido dinámico y unas conclusiones donde unimos estos estudios con las necesidades constructivas actuales .[Resumo]Neste traballo móstrase un pequeno recopilatorio dos estudos do comportamento termodinámico das fachadas ventiladas para ver a relación establecida coas necesidades construtivas actuais. Comézase vendo os puntos crave da historia das fachadas para ter unha visión xeral da evolución destas. Para ver as necesidades construtivas desenvolvemos o funcionamento conceptual desde unha visión transversal desde diferentes ópticas, para pasar á definición e clasificación das fachadas ventiladas. De maneira moi breve vemos os fenómenos de transferencia de calor dun edificio para entender os fenómenos de transferencia de calor das fachadas ventiladas. É entón cando resumimos os estudos experimentais consultados das fachadas ventiladas para finalmente facer unhas reflexións do comportamento térmico e fluído dinámico e unhas conclusións onde unimos estes estudos coas necesidades construtivas actuais .[Abstract]In this work shows a small summary of the studies of the thermodynamic behaviour of the ventilated façades to see the relation established with the current constructive needs. It began seeing the key points of the history of the façades to have an overview of the evolution of these. To see the constructive needs develop the conceptual operation from a transversal vision from different optical, to happen to the definition and classification of the ventilated façades. Of way very brief see the phenomena of transfer of heat of a building to understand the phenomena of transfer of heat of the ventilated façades. It is then when we do the summary of the experimental studies consulted of the ventilated façades for finally do some reflections of the thermal behaviour and dynamic fluid and some conclusions where join these studies with the current constructive needs.Traballo fin de grao (UDC.ETSA). Estudos en arquitectura. Curso 2015/201

    A complexidade ambiental

    Get PDF
    [Resumo] A análise da complexidade ambiental neste texto demárcase das visións da xeneratividade da physis, da ecoloxización da mente, das ciencias da complexidade e dos métodos interdisciplinarios e do pensamento complexo. A complexidade ambiental concíbese na perspectiva dunha crise do coñecemento, da obxectivación do mundo, da intervención do coñecemento sobre a natureza e a emerxencia de entes híbridos que desbordan o sentido tradicional da ontoloxía e a epistemoloxía. A racionalidade ambiental fórxase nun reencontro do real e do simbólico, na resignificación do mundo e da natureza, nunha armazón de relacións de otredad entre seres e nun diálogo de saberes, onde se reconfigura o ser, se reconstitúen as súas identidades e se forxan novos actores sociais nunha política da diferenza guiada por un desexo de saber e de xustiza na reapropiación social do mundo e da natureza[Abstract] The approach to environmental complexity in this text dissociates itself from the notions of physis generativity, the ecologization of the mind, the sciences of complexity, interdisciplinary methods and complex thought. Environmental complexity is conceived from the perspective of a crisis of knowledge, the objectification of the world, the intervention of knowledge about nature, and the appearance of hybrid entities that go beyond the traditional meaning of ontology and epistemology. Environmental rationality is based on a new meeting of the real and the symbolic, on the resignification of the world and nature, on a network of relationships of otherness among beings, and on a dialogue of knowledge, where the being is reconfigured, its identities are reconstituted, and new social actors are created within a policy of difference guided by the desire for knowledge and justice in the social reappropriation of the world and nature

    Cara a un Patrimonio Público Galego: Vinte apuntamentos

    Get PDF
    La versión castellana de este texto está accesible en el siguiente enlace: http://hdl.handle.net/10261/32906[GA] Este traballo foi preparado por solicitude do Consello da Cultura Galega para contribuír a un debate sobre o Patrimonio Cultural de Galicia vinculado cas posibilidades de redactar unha nova lei galega do Patrimonio. No presente texto destácanse algúns trazos relativos ao valor actual do Patrimonio Cultural, á situación presente dos estudos de investigación e xestión do Patrimonio Cultural, á necesidade de conxugar múltiples narrativas na interpretación deste, á conveniencia de establecer un sistema ordenado de diálogo entre estas narrativas, á interacción dos proxectos patrimoniais coas comunidades, á construción dun Patrimonio Público e á xeración de novos modelos de relación co medio e produción de valor nas industrias e mercado de traballo en Patrimonio.[ES] Este trabajo fue preparado atendiendo a una solicitud del Consello da Cultura Galega para contribuir a un debate sobre el Patrimonio Cultural de Galicia y sobre las posibilidades de redactar una nueva ley gallega de Patrimonio. Existe una versión gallega y otra castellana del mismo texto. En el presente texto se destacan algunos rasgos sobre el valor actual del Patrimonio Cultural, la situación presente de los estudios de investigación y gestión del Patrimonio Cultural, la necesidad de conjugar múltiples narrativas en la interpretación de éste, la conveniencia de establecer un sistema ordenado de diálogo entre estas narrativas, la interacción de los proyectos patrimoniales con las comunidades, la construcción de un Patrimonio Público y la generación de nuevos modelos de relación con el entorno y producción de valor en las industrias y mercado de trabajo en Patrimonio

    Turistas, viaxeiros, investigadores e identidades

    Get PDF
    [Resumo] Desde distintos conceptos de Patrimonio Cultural que proveñen da evolución teórica da Antropoloxía e da Arqueoloxía, tentamos formular algunhas cuestión sobre as achegas que estas disciplinas científicas teñen na construción do discurso identitario, na conformación da imaxe do «nós» fronte a dos «outros». Tratamos, tamén, posibles diferenzas entre as miradas dos turistas, os viaxeiros e os estudosos, especialmente porque todos eles proxectan un tipo de visión, tanto sobre as culturas alleas como sobre as propias. Neste último aspecto foi fundamental o papel desempeñado polo Seminario de Estudios Galegos, especialmente por formar un grupo de investigación galego que desenvolveu un intenso traballo de campo, entendendo Galicia como un laboratori

    Eugenio Montero Ríos: o xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo

    Get PDF
    Proxecto expositivo sobre Eugenio Montero RiosEugenio Montero Ríos (Santiago de Compostela, 1832- Madrid, 1914). Logrou todos os cargos aos que podía aspirar calquera dos oligarcas do momento: ministro de Gracia y Justicia en varias ocasións (tres delas no Sexenio) e de Fomento, deputado polo distrito de Santiago de Compostela entre 1886 e 1891, senador vitalicio desde 1889, presidente do Senado en cinco ocasiones, entre 1893 e 1913, presidente do Consejo de Instrucción Pública (1887), do Tribunal Superior de Justicia (1888) e presidiu a Comisión del Tratado de París (1898). Ademais, converteuse no xefe do Partido Liberal, tras a morte de Sagasta en 1903, ao lograr a presidencia do Goberno en 1905. Este proxecto expositivo está baseado no estudio, recompilación e organización dos elementos necesarios para dar unha “semblanza” de tal personaxe, xurisconsulto e o político, e a súa relación coa Compostela do seu tempo. Exposición e publicación promovida polo Ateneo Compostelano, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Colexio de Avogados de Santiago, o Concello de Santiago de Compostela, a Real Sociedade Económica de Amigos do Pais, a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia coa Dirección Xeral de Xustiza

    PEC. Instructional program of reading comprehension in galician language: a help to remember, organize, construct and integrate

    Get PDF
    [Resumo] O obxectivo do traballo que aquí presentamos é deseñar un programa de comprensión lectora en lingua galega para alumnos e alumnas de 6º de Primaria, ao tempo que avaliar e comprobar a eficacia do mesmo. A través deste programa traballáronse estratexias de memoria operativa, memoria operativa a longo prazo, estratexias superestruturais, estratexias macroestruturais e de integración. No programa participaron un total de 60 alumnos/-as de 6º de Primaria dos cales a súa L1 era o galego, así como a lingua na que se encontraban escolarizados. A eficacia do programa foi avaliada en dous momentos a través das probas de postest e de demora. A segunda delas verificou o poder facilitador do adestramento. En xeral atopamos que o programa producíu un reparto na organización do recordo, así como un incremento nas probas de recordo, de recoñecemento, no uso de estratexias macroestruturais (sendo de destacar as altas porcentaxes presentadas pola macrorregla de construción) e nas estratexias de integración, onde se observou unha grande evolución na xeración de inferencias on-line.[Abstract] The aim of this work is to design a program of reading comprehension in Galician language for children from 6º Primary Grade, at the time that to evaluate and to verify the efficiency of the enclosed one. Across this program they worked strategies of working memory, working long-term memory and, superstructural, macrostructural and integration strategies. In the program a whole of 60 took part students from 6th Primary Grade, their L1 was the Galician, as well as the language in the one that they were enrolled in school. The efficiency of the program was evaluated in two moments across the different proofs (post-est and delay). The second one of them facilitator of the instruction checked the power. In general we find that the program produced one distribution in the organization of the recollection, as well as an increase in the tests (proofs) of recollection, of recognition, in the use of macrostructural strategies (being of emphasizing the high percentages presented by the construction macrorule) and in the strategies of integration, where a big evolution was observed in the generation of inferences on-line

    Importancia económica dos minerais e rochas industriais de Galicia

    Get PDF
    [Resume] Descríbese o significado actual dos termos "Minerais e Rochas Industriais" e faise un pequeno repaso do seu desenrolo histórico. Para facer unha valoración da súa incidencia económica en Galicia, danse dados da súa produción e comercialización recolleitos nas estatísticas oficiais existentes, referidas ó ano 1980. Por último, fanse unhas consideracións sobor da problemática deste sector industria1 en Ga1icia e apúntanse algunhas medidas para un mellor aproveitamento e desenrolo industrial destes recursos minerais[Resumen] Se describe e1 concepto actual de "Rocas y Minerales Industriales" y se hace un breve repaso a su desarrollo histórico. Para hacer una evaluación de su incidencia económica en Galicia se dan datos de produción y comercialización tomados en 1as estadisticas oficiales existentes, referidas al año 1980. Por último, se hacen unas consideraciones sobre la prob1emática de este sector industria1 en Ga1icia y se apuntan algunas medidas para un mejor aprovechamiento y desarrollo industrial de estos recursos minerales.[Abstract] The present concept of the terms “Industrial Minerals and Rocks" is described, and a brief revision of its historica1 deve1opment is made. Production and market data, from existing official statistics referred to 1980, are gi ven in order to make an evaluation of its economical incidence in Galicia. Finally, considerations about the problems of this area in Galicia are made, indicating sorne measures for a better utilization and industrial development of these mineral resource
    corecore