559028 research outputs found
Sort by
Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño Inglés, de Ferrol a Compostela
Os peregrinos da lonxana Europa chegaban aos portos do Norte de Galicia logo dunha longa travesía por mar desde os seus países septentrionais. Esta ruta do Camiño Inglés que parte do porto de Ferrol conflúe coa de A Coruña en Bruma, moi preto do Mesón do Vento, pasando polas vilas de Neda, Pontedeume, Miño, Betanzos e Ordes antes de chegar ao seu destino, Santiago de Compostela.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 22-11-2013
Programación cultural : festas do Apóstolo Santiago
25 de Xullo, día grande de Galicia. Compostela festexa o día de Santiago con concertos, espectáculos de pirotecnia e o pasarrúas de xigantes e cabezudos.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 25/07/1993 - 25/07/2018
Rutas do Camiño de Santiago : Oficina do Peregrino en Santiago de Compostela
Tras rematar o Camiño de Santiago, os peregrinos amosan as credenciais seladas para obter a Compostela na Oficina do Peregrino, na rúa do Vilar e no actual Centro Internacional de Acollida ao Peregrino. É a proba en papel do seu esforzo ao longo de tantos kilómetros.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 10/04/1993 - 04/09/2019
Patrimonio arquitectónico, artístico e material do Camiño : a Catedral de Santiago
Sobrevoamos a Catedral de Santiago, templo, consagrado en 1211. Visitamos o seu interior percorrendo a figuración do Pórtico da Gloria logo da súa restauración e recuperación da súa policromía. Entre as xoias da Catedral destacamos o Códice Calixtino.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 02/06/2010 - 02/09/2019
Actos litúrxicos e xubilares : o botafumeiro
Funcionamento do Botafumeiro. Os tiraboleiros cargan o incensario con carbón e fan pendular o Botafumeiro durante a Misa do Peregrino fronte ao altar maior. Trátase dun instrumento de purificación que vén funcionando desde a Idade Media.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 25-07-1998
Promoción e patrocinio : campañas publicitarias do Xacobeo
O Camiño de Santiago acadou aínda máis sona grazas aos actos e campañas promocionais e publicitarias levados a cabo pola administración pública.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 02/07/2014 - 13/07/2019
Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño do Norte : de Mondoñedo á Arzúa
Esta ruta de peregrinación con orixe no século IX que entra en Galicia desde Asturias por Ribadeo e pasa por Mondoñedo, Vilalba, Begonte, Sobrado dos Monxes antes de chegar a Arzúa, onde conflúe co Camiño Francés para chegar xa a Santiago de Compostela. Este camiño, conta a tradición, que foi transitado por San Francisco de Asís.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 21/02/2007 - 21/03/2018
Galicia : o Camiño Francés Patrimonio da Humanidade
A UNESCO concédelle ao Camiño de Santiago a distinción de Patrimonio da Humanidade o 10 de Decembro de 1993. Un mes despois a raíña Sofía recibía o título de mans do seu director xeral, Federico Mayor Zaragoza.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 10-12-1993
Rutas do Camiño de Santiago : peregrinos relevantes do Camiño de Santiago
O Camiño e a cidade de Santiago de Compostela atraen a persoeiros do ámbito social, cultural e político de todo o mundo. As imaxes recollen unha representación de personaxes de diferentes ámbitos. Entre eles á actriz Shirley MacLaine, o toureiro José Ortega Cano, o ministro Josep Borrell Fontelles xunto ao entón alcalde de Santiago, Xerardo Estévez, Marcelino Oreja Aguirre, comisario europeo, o daquela Príncipe Filipe solo e con Dona Letizia, o entón Príncipe Naruhito, e o escritor e Premio Nóbel de Literatura Mario Vargas Llosa.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 01/01/1992 - 27/08/2019
Rutas do Camiño de Santiago : peregrinacións singulares
Os peregrinos diríxense a Santiago nos medios máis variados. Desde os camiñantes tradicionais ata vehículos curiosos e adaptados percorren as diferentes rutas de peregrinación nas que sempre atopamos algunha curiosidade.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 18-07-2019