559028 research outputs found
Sort by
Promoción e patrocinio : o Pelegrín
O Pelegrín fíxose moi popular desde o seu nacemento, no Xacobeo de 1993. Non había curruncho en Galicia onde non atoparamos esta simpática mascota.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 29-01-1993
Visitas papais a Santiago : visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela
O Papa Bieito XVI visita Santiago de Compostela no Ano Santo 2010. Tras ser recibido no aeroporto de Lavacolla polo príncipe de Asturias, Felipe de Borbón, maila súa muller, Letizia Ortiz, fai un percorrido no papamóbil ata a praza do Obradoiro, onde oficia unha misa para os fieis que ateigan o recinto. O pontífice pronuncia unhas verbas en galego.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 06-11-2010
Rutas do Camiño de Santiago : peregrinos
O Camiño de Santiago é introspección e esforzo, pero tamén música e diversión; a pé, en bicicleta ou calquera outro medio serve para facer a ruta.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 09-08-1992
Rutas do Camiño de Santiago : de Sevilla a Galicia pola Vía da Prata
A Vía da Prata é herdeira da vía romana que unía Mérida con Astorga. Este camiño de peregrinación comeza en Sevilla, entrando en Galicia pola Mezquita e pasando pola Gudiña, Riós, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Ourense, Cea e Silleda ata Santiago de Compostela.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 04-06-2005
Rutas do Camiño de Santiago : ruta do Mar de Arousa e río Ulla
Ruta marítima e fluvial que sae desde Sanxenxo e pasa por Cambados, Ribadumia, Catoira e Padrón ata Santiago de Compostela.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 09/04/2013 - 19/07/2019
Actos litúrxicos e xubilares : ofrenda do rei Filipe VI
O rei Filipe VI, acompañado da raíña Letizia, realiza a ofrenda ao Apóstolo Santiago, patrón de España, no ano 2014. O monarca ten unha lembranza para as vítimas do accidente de Angrois, acontecido o ano anterior. Posteriormente, visita o Pazo de Raxoi e asina no libro de honra do Concello de Santiago, onde son recibidos o alcalde Agustín Hernández Fernández de Rojas, quen os obsequia cun libro de fotografías de Compostela.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 25-07-2014
Actos litúrxicos e xubilares : Misa do Peregrino e botafumeiro
O rei Xoan Carlos I, xunto á raíña Sofía, realiza a ofrenda ante o Apóstolo Santiago.
Funcionamento do botafumeiro durante a Misa do Peregrino fronte ao altar maior da Catedral de Santiago.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 19/08/1989 - 07/06/2016
Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño de Fisterra e Muxía
Para moitos peregrinos Compostela non é o destino final. Algúns continúan a súa peregrinación desde Santiago de Compostela ata "a fin do mundo"; atravesando Negreira e Zas ata chegar ao mar en Muxía e Fisterra.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 19/04/2013 - 15/07/2019