Xunta de Galicia

Galiciana
Not a member yet
    559028 research outputs found

    Programación cultural : "The Way"

    No full text
    No ano 2010 chega ao cine "The Way"; película dirixida por Emilio Estévez e protagonizada polo seu pai, Martin Sheen, fillo dun emigrante galego de Parderrubias, en Salceda de Caselas. O filme rodouse en Galicia en 2009, sendo a primeira vez que as cámaras de cine entraban na Catedral de Santiago.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 04/11/2009 - 20/11/2010

    Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño Primitivo : de Castroverde a Compostela

    No full text
    Recoñocida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, esta ruta de peregrinación ven desde Asturias, entrando en Galicia pola Fonsagrada. O camiño foi impulsado polo rei astur-galaico Afonso II o Casto, no primeiro terzo do século IX. O trazado transcorre por Castroverde, Lugo, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino ata Santiago de Compostela.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 01/01/1993 - 06/06/2019

    Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño de inverno, a Ribeira Sacra e a Comarca do Deza

    No full text
    Esta ruta de peregrinación que entra en Galicia polas Médulas, transcorre pola Ribeira Sacra e a comarca do Deza, atravesando O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada e Silleda, entre outras vilas.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 20-07-1992

    Programación cultural : actividades deportivas do programa "O teu Xacobeo"

    No full text
    O programa "O teu Xacobeo" con actividades como as andainas polo Camiño ou competicións de tenis de mesa na praza do Obradoiro, conta coa participación de escolares de toda Galicia.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 10-08-2019

    Programación cultural : fogos do Apóstolo

    No full text
    Recompilación de imaxes dos Fogos do Apóstolo na Praza do Obradoiro ao longo dos anos, desde 1985 ata 2019, este espectáculo de luces, imaxes e pirotecnia celébrase na véspera do día grande de Galicia, o 25 de xullo.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 25/07/1985 - 25/07/2018

    Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño de Santiago desde o aire

    No full text
    O Camiño de Santiago a vista de paxaro ofrece unha espectacular visión das paisaxes, vilas e cidades polas que atravesa a nosa ruta cara Compostela.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 01/01/1993 - 06/11/2010

    Rutas do Camiño de Santiago : seguridade e sinalización no Camiño de Santiago

    No full text
    O Camiño de Santiago supón un esforzo físico grande para os peregrinos. As cubremochilas e a dispoñibilidade de desfibriladores semiautomáticos son medidas de protección imprescindibles para a seguridade dos camiñantes.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 19/09/2017 - 23/07/2019

    Rutas do Camiño de Santiago : Galicia pola ruta do mar de Arousa e río Ulla

    No full text
    Os peregrinos da ruta do mar de Arousa comezan a súa ruta a Santiago ben desde Aguiño ben desde Cambados, unindo as súas rutas en Catoira.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 04-06-2005

    Rutas do Camiño de Santiago : a Vía da Prata : de A Gudiña a Silleda

    No full text
    A ruta de peregrinación procedente de Sevilla entra en Galicia pola Mezquita e pasa pola Gudiña, Riós, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Ourense, Cea e Silleda ata Santiago de Compostela. A Vía da Prata recolle a vía romana que unía Emerita Augusta (Mérida) con Asturica Augusta (Astorga). A súa denominación provén do árabe Bal'latta, unha vía pública empedrada.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 07/04/2015 - 08/05/2019

    0

    full texts

    559,029

    metadata records
    Updated in last 30 days.
    Galiciana is based in Spain
    Access Repository Dashboard
    Do you manage Open Research Online? Become a CORE Member to access insider analytics, issue reports and manage access to outputs from your repository in the CORE Repository Dashboard! 👇