1 research outputs found

    Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. II Edición

    Get PDF
    A segunda edición dos Premios Isabel Zendal preséntase como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico. A súa finalidade é promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de informacións e crenzas falsas. O premio está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois, desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato, máis os ciclos formativos de grao medio. A participación no concurso realízase a través dun xénero literario —que pode ser un artigo xornalístico— a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e as novas falsas. Neste documento recóllense os traballos premiados nesta segunda edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo de 2020 e cuxa resolución tivo lugar en xullo do mesmo ano. Xurado: Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González, Xoán Luís López Viñas e M.ª Cristina Naya Riveiro
    corecore