1 research outputs found

    Estudo etnográfico dos músicos dunha banda de música no marco da participación comunitaria

    Get PDF
    Obxectivo: describir como vivencian os músicos dunha banda de música popular a participación neste tipo de agrupación, observando como inflúe esta na promoción da saúde. Ademais, este estudo pretende coñecer os significados outorgados a ocupación de tocar nunha banda de música popular, a relación desta participación co sentimento de apego ao lugar e a influenza que ten na transmisión de capital social e cultural. Metodoloxía: investigación cualitativa realizada dende unha perspectiva teórica etnográfica, nunha banda de música popular da provincia de Pontevedra. A recollida de información foi realizada a través da observación participante e a técnica das historias de vida. Os informantes foron músicos da banda de música estudada. Resultados: tras a análise da información obtida, emerxen categorías e códigos de significado que explican o fenómeno: “estruturación do grupo”, “actividades desenroladas polo grupo”, “significados da participación nunha banda de música” e adquisición de capital social e cultural” Conclusións: A participación nunha banda de música como ocupación valorada pola comunidade na que se encadra e que forma parte dos recursos cos que a propia comunidade conta, favorece a creación de ambientes favorables promovendo o sentimento de benestar das persoas que participan en tal ocupación, producindo ademais unha adquisición de capital social e cultural fortemente influenciado pola produción de relacións interxeracionais e que inflúe na formación da propia identidade e no rol dentro da comunidade.Traballo fin de grao (UDC.FCS). Terapia ocupacional. Curso 2013/201
    corecore