8 research outputs found

    As enfermidades periodontais

    Get PDF
    Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Microbioloxía e InmunoloxíaA materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. Está por tanto dirixida aos alumnos que xa cursaron materias biolóxicas básicas de interese como a anatomía, bioquímica, citoloxía e histoloxía, que facilitan a aprendizaxe dos conceptos de relevancia da materia resumidos no programa desta. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos [bloque A] e a forma en que estes se relacionan co ser humano [bloque B]− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia a carie dental e a periodontite. Entre as competencias do grao en Odontoloxía destaca a capacidade para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que favorezan a mellora da saúde bucodental da poboación. É importante que coñezan as principais enfermidades que afectan a cavidade oral; entre elas destacan pola súa elevada prevalencia as enfermidades periodontais. De feito, no seu informe técnico 690 de 1983, a OMS destaca que «as enfermidades periodontais figuran entre as máis comúns do xénero humano» e que «non hai no mundo país nin territorio que estea libre delas». Doutra banda, os fundamentos microbiolóxicos da enfermidade periodontal son cruciais para o posterior desenvolvemento de moitas das técnicas terapéuticas que se estudarán ao longo do grao, dentro das materias de Periodoncia e Patoloxía e Terapéutica Dental.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Control de calidade e seguridade en laboratorios de microbioloxía

    Get PDF
    A materia “Análise biolóxica e diagnóstico de laboratorio II” está vinculada a dúas áreas de coñecemento, Microbioloxía e Parasitoloxía, ten carácter troncal e impártese durante o segundo cuadrimestre no cuarto curso da Licenciatura en Farmacia. Está por tanto dirixida a alumnos que xa teñen coñecementos básicos de Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Inmunoloxía e Bioquímica. A presente unidade didáctica é a primeira do programa da materia impartida pola área de Microbioloxía. Nesta unidade didáctica abórdanse temas cuxo coñecemento é básico para o bo funcionamento do laboratorio de microbioloxía e para garantir a protección do seu persoal, da comunidade e do medio. O coñecemento da estrutura xeral dun laboratorio de microbioloxía clínica e a correcta aplicación das normas de calidade e seguridade permitirán que o laboratorio de microbioloxía sexa un lugar seguro, eficiente e cómodoUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Mecanismos de patoxenicidade bacteriana

    Get PDF
    Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Microbioloxía ClínicaActualmente, a materia Microbioloxía Clínica impártese no primeiro cuadrimestre do cuarto curso da Licenciatura en Bioloxía e, logo da implantación completa do EEES, pasará a ser unha materia optativa do último curso do Grao. Está, por tanto, dirixida aos alumnos de 4º Curso, que xa posúen coñecementos previos de Microbioloxía Xeral. Por iso, os alumnos xa saben que a biosfera terrestre contén infinidade de microorganismos de tipos moi diversos, a maior parte dos cales é descoñecida para o home. A algúns coñecémolos polas súas actividades na natureza, como os microorganismos do ciclo do nitróxeno, que contribúen á fertilización do chan e outros que provocan a dexeneración e mineralización da materia orgánica. Existen outros que son importantes polas súas propiedades beneficiosas na produción, conservación e mellora de alimentos e bebidas, como o queixo, o viño ou a cervexa; na síntese de disolventes orgánicos e antibióticos e na degradación dos residuos orgánicos. E existen tamén, aqueles capaces de producir enfermidades, tanto humanas como animais, que serán o obxecto de estudo desta materia.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Synthesis and structure-activity relationships of novel amino/nitro substituted 3-arylcoumarins as antibacterial agents

    Get PDF
    A new series of amino/nitro-substituted 3-arylcoumarins were synthesized and their antibacterial activity against clinical isolates of Staphylococcus aureus (Gram-positive) and Escherichia coli (Gram-negative) was evaluated. Some of these molecules exhibited antibacterial activity against S. aureus comparable to the standards used (oxolinic acid and ampicillin). The preliminary structure-activity relationship (SAR) study showed that the antibacterial activity against S. aureus depends on the position of the 3-arylcoumarin substitution pattern. With the aim of finding the structural features for the antibacterial activity and selectivity, in the present manuscript different positions of nitro, methyl, methoxy, amino and bromo substituents on the 3-arylcoumarin scaffold were reportedThanks are due to the Ministerio Español (PS09/00501), Xunta da Galicia (PGIDIT09CSA030203PR and PGIDT08MMA011200PR) and IN845B-2010/089 for the financial support. M.J.M. thanks to Fundação para a Ciência e Tecnologia for a PhD grant (SFRH/BD/61262/2009). S.V.R. thanks the Ministerio de Educación y Ciencia for a PhD grant (AP2008-04263)S

    A carie dental

    Get PDF
    Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Microbioloxía e InmunoloxíaA materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos e a forma en que estes se relacionan co ser humano− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia as enfermidades derivadas da placa bacteriana como son a carie dental e a periodontite. Entre as competencias do grao en Odontoloxía destaca a capacidade para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que favorezan a mellora da saúde bucodental da poboación. É importante que coñezan as principais enfermidades que afectan a cavidade oral, xa que os seus efectos en termos de dor, sufrimento, deterioración funcional e diminución da calidade de vida son considerables e custosos. O tratamento representa entre o 5% e o 10% do gasto sanitario dos países industrializados, e está por encima dos recursos de moitos países en desenvolvemento. Entre elas destaca pola súa elevada prevalencia a carie dental. De feito, as conclusións do informe mundial sobre saúde bucodental do ano 2004, a OMS declarou que se estima que cinco mil millóns de persoas no planeta sufriron carie dental. Neste mesmo informe se pode ler “Existe a idea de que a carie dental deixou de ser un problema nos países desenvolvidos, cando en realidade afecta a entre o 60% e o 90% da poboación escolar e á gran maioría dos adultos. A carie dental é tamén a enfermidade bucodental máis frecuente en varios países asiáticos e latinoamericanos”.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control

    Get PDF
    Titulación: Grao en Farmacia -- Materia: Microbioloxía IIActualmente, a materia Microbioloxía II impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso do Grao en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Está, polo tanto, dirixida ao alumnado de 2º Curso que xa posúe coñecementos previos acadados na Microbioloxía I, que é impartida no primeiro cuadrimestre, e que trata dos aspectos básicos morfolóxicos, fisiolóxicos e xenéticos dos microorganismos. Todos os estudantes de ciencias da saúde deben comprender os fundamentos da enfermidade infecciosa. As infeccións non se poden comprender sen certos coñecementos de Microbioloxía, e a infección é un dos principais mecanismos de produción de enfermidades, que pode afectar a calquera tecido ou órgano do corpo humano. No Grao de Farmacia, este obxectivo trátase de acadar na Microbioloxía II, cuxo programa está claramente dividido en once Unidades Didácticas nas que o profesorado tentará aproximar ao alumno, mediante un enfoque teórico e práctico, as causas e manifestacións das principais enfermidades de orixe infecciosa, as vías de transmisión de patóxenos así como os métodos de prevención e control de enfermidades. Deste modo preténdese simultanear a adquisición de coñecementos teóricos e a adquisición de destrezas na manipulación de microorganismos, así como o traballo en condicións asépticas. A Unidade Didáctica 11 ten como finalidade reforzar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas unidades precedentes. Pareceunos de especial interese para o alumno dispor dun manual práctico de laboratorio que recolla os obxectivos, fundamentos e procedementos de cada unha das clases prácticas que os alumnos van facer. Na presente Unidade Didáctica, concibida como dito manual, os alumnos poderán anotar as súas observacións e resultados. Deste xeito, o alumnado de Microbioloxía II desenvolverá unha maior e mellor conciencia microbiolóxica, que difire de calquera outro tipo de traballo experimental nun laboratorio, e que é o que lle imprime un carácter diferencial a esta disciplina. Este modo especial de actuar no laboratorio permitirá asentar e consolidar os conceptos fundamentais sobre esterilidade e contaminación.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    InfectArte : enfermidades infecciosas a través da arte

    No full text
    A historia da arte pictórica ten exemplos de obras que mostran diferentes personaxes afectados por enfermidades infecciosas. O profesor Rafael Seoane, e as profesoras Ángeles Muñoz e Ysabel Santos fan un repaso por algunhas obras para mostrarnos que enfermidades ilustran

    Element Content in Different Wheat Flours and Bread Varieties

    No full text
    The most consumed cereal-based product worldwide is bread. “Caaveiro”, an autochthonous variety with a recent growing interest, is one of the wheat varieties that fulfill the 25% local flour requirement in the PGI “Pan Galego” bread baking industry. The element content of the refined wheat flours used to make “Pan Galego” (‘‘Caaveiro’’, FCv; Castilla, FC; and a mixture of both, FM) was evaluated in ICP-MS. In addition, wholegrain flour (FWM) was included in the analysis. Loaves of bread were made with these flours (a, 100% FC; b, 100% FCv); and c, FM: 75% FC + 25% FCv) and their element content was analyzed. Wholegrain flour ranked the highest in almost all elements, highlighting the P (494.80 mg/100 g), while the FM and the FC presented the opposite behavior, with the highest Se values (14.4 and 15.8 mg/100 g, respectively). FCv was situated in an intermediate position regarding P, K, Mg, Mn, Zn, Fe and Na content, standing closer to FWM, although it presents the highest values for Cu (1076.3 µg/100 g). The differences observed in flour were maintained in bread. Hence, the local cultivar ‘‘Caaveiro’’ has an interesting nutritional profile from the point of view of the element content
    corecore