1 research outputs found

    Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. III Edición

    Get PDF
    Neste volume recóllense os traballos premiados na terceira edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo de 2021 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano. Conformaron o xurado: Mª Cristina Naya Riveiro, Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Ferreiro Fernández, Manuel Francisco Herrador Barrios e Susana Ladra González. O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio. A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e novas falsas. Os Premios Isabel Zendal, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña, teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de falsidades
    corecore