1 research outputs found

    Transitividade en laboro e elaboro dende unha perspectiva diacrónica

    Get PDF
    Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2018-2019Neste traballo tratarase o grao de transitividade do verbo "laboro" e o seu composto "eleboro" , empregando como marco de referencia os exemplos recollidos no dicionario "Thesaurus Linguae Latinae". Estes datos ofrecen unha perspectiva diacrónica ampla, polo tanto centrarase nos que se encadren entre o latín arcaico e o latín de época imperial, así, establecerase como punto de partida temporal as obras de Plauto e Catón, rematando cos exemplos de Valerio Flaco. Insistindo na idea de transitividade como cualidade lineal, analizarase o cumprimento dos diferentes parámetros nos distintos exemplos para tratar de establecer o seu grao. Ademáis, búscase comprobar a posibilidade de que a forma composta "elaboro" teña un maior grao de transitividade que a súa forma simple "laboro", así como determinar se existe unha variación no seu comportamento a través de diferentes estadios do latín. Deste xeito búscase aplicar os coñecementos adquiridos sobre sintaxe latina para afondar na cuestión da transitividade a través dun traballo de índole práctica
    corecore