Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional

Abstract

Esta investigación aborda as características das boas prácticas na educación vocal e do canto na infancia, en resposta a reclamacións provenientes de institucións como o Consello de Europa ou a UNESCO sobre a necesidade de visibilizar as boas prácticas educativas. Recorreuse á realización de dous estudos de caso en países con programas nacionais de canto: Arxentina e Inglaterra. Tres áreas de traballo foron identificadas: Corpo e Mente, Fonación, e Repertorio. Estudadas as singularidades das docentes indicadas como seren exemplo de boas prácticas a través de xuízo experto, púxose en marcha unha investigación-acción nun colexio en Santiago de Compostela para transferilas e engadir outros elementos co obxectivo de crear un proxecto psicopedagóxico alicerzado nos principios de innovación e equidade: Voces Ledas

Similar works

Full text

thumbnail-image

Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela

redirect
Last time updated on 23/11/2020

Having an issue?

Is data on this page outdated, violates copyrights or anything else? Report the problem now and we will take corresponding actions after reviewing your request.