research

Responsabilidade social universitaria nos cursos de xestión e economía : os futuros traballadores

Abstract

As preocupacións con referencia á Responsabilidade Social (RS), foron discutidas a escala global en Rio+20, en xuño de 2012. Polo que é de gran importancia debater sobre a RS no Ensino Superior, xa que estas institucións son axentes moi influentes á hora de formar aos futuros traballadores. Neste traballo imos presentar as perspectivas dos alumnos mediante a exposición de dúas tipoloxías de estudo, cualitativo (focus group) dos alumnos pertencentes a catro universidades latinoamericanas (Minho, A Coruña, Guanajuato e Aguascalientes). Analizamos as percepcións dos alumnos sobre o lugar que ocupa a RS no currículo nos cursos, analizando tamén as vivencias e experiencias dos alumnos con referencia a estas prácticas. Este traballo está integrado nunha colaboración internacional de catro universidades, a cal pretende contribuír a unha comparación das perspectivas de tres paises e na innovación curricular na área de xestión e economía

    Similar works