Os recursos humanos no sector do turismo: os guías turísticos
- Publication date
- Publisher
Abstract
[gal] Neste traballo analizamos una profesión con gran representación no sector do turismo, a guía turístico/a, con base na metodoloxía histórica analítica. Os guías turísticos son unha peza chave da cadea turística, xa que en moitas ocasións son as únicas persoas coas cales se ten un contacto máis próximo na zona que se visita. Esta figura é un dos elos que engarzan o destino turístico cos visitantes, ao acercar estes aos valores sociais, culturais e patrimoniais daquel. Por isto, é moi importante que sexan verdadeiros profesionais os que atenden os turistas, pois serán a imaxe, o coñecemento e a percepción profesional que leven os visitantes do lugar que visitan. Finalmente, cómpre notarmos que a profesión de guía de turismo pode contar cunha maior ou menor proxección, o cal estudaremos