research

Funcións básicas das referencias intertextuais e o seu tratamento na tradución audiovisual

Abstract

No presente artigo realizamos un estudio das referencias intertextuais e o seu transvasamento nos textos audiovisuais (concretamente en dobraxe); en primeiro lugar describiremos as funcións principais destas referencias nos textos; en segundo lugar, procederemos a establecer as estratexias de tradución básicas e a avalialas nun pequeno corpus de traducións para dobraxe e os seus orixinais. Este estudio permitiranos chegar a tres conclusións básicas: (1) as referencias intertextuais semellan un universal de tradución, dado que son susceptibles de aparecer en textos de natureza diversa (publicidade, ensaios, literatura, películas...); (2) a intertextualidade non esixe un tratamento tradutolóxico específico na tradución audiovisual diferente do que necesita noutro tipo de modalidades que combinan unha parte lingüística cunha imaxe (publicidade, cómics...); (3) a súa localización, establecemento de funcións e valoración do coñecemento da referencia polo público potencial son pasos imprescindibles para proceder ao transvasamento oportuno, que se verá en última instancia condicionado polo plano visual.The present article focuses on intertextual references in audio-visual translation (dubbing, specifically); first of all, we proceed to describe their main functions; then a list of translation strategies is established and avaluated in a corpus of dubbed translations and their respective source texts. This study allows us to conclude: (1) intertextual references or allusions seem to be a universal of translation, since they may appear in texts of a very different nature (advertising, essays, literature, films...); (2) intertextuality does not claim for specific mediation techniques in the field of audio-visual translation, in the sense of different from those needed in other modalities which combine language and images (advertisements, comics...); (3) their spotting, the establishment of functions and avaluation of their knowledge on the part of the potential audience are necessary steps in order to carry out a proper translation, which will be ultimately constrained by the visual dimension

    Similar works