Instituto Gallego de Estudios de la Seguridad Internacional y de la Paz
Abstract
Resumo: Localizando as dúas guerras iniciadas pola administración de G.W. Bush, a guerra contra o terror e a guerra do Irak, no contexto do neoliberalismo e globalización, este ensaio suxire que hai continuidades entre a política económica e a política exterior, que, en grande medida, non foran percibidas. Ambas representan modos de "femenización", prácticas de subordinación que reinscriben os tradicionais simbolismos de xénero naturalizando relacións xerárquicas e lexitimando relacións racistas e neocoloniais. Trazando as ameazas que a femenización coloca nos proxectos e principios feministas, este artigo identifica tamén diversas formas de activismo feminista que desafían estas políticas de subordinación