Cerámica medieval galega: características, uso e evolución da produción

Abstract

A tese afonda no mundo da cerámica galega, trátase da primeira aproximación a esta temática en formato tese en Galicia. A través da revisión das coleccións cerámicas de varios xacementos conséguese unha visión global da evolución da cerámica durante toda a Idade Media galega. Partindo do concepto de cadea técnico operativa lógrase comprender aspectos fundamentais da sociedade medieval, como é a súa economía e produción. Realízase unha caracterización tipolóxica en todos os séculos estudados, arroxando luz sobre os séculos iniciais da Idade Media, un momento pouco traballado dende perspectiva cerámica en Galicia. A investigación compleméntase con datacións absolutas e analíticas arqueométricas

    Similar works