A presente tese estuda a noción de entropía gravitacional cando a acción
da teoría presenta correccións de orde superior na curvatura en dous contextos diferentes. Por una banda,
mediante a entropía dos buracos negros nunha familia de teorías que presenta invariancia baixo T-dualidade a
nivel das solucións clásicas. O obxectivo nesta parte é precisamente estudar a interrelación entre a entropía e a Tdualidade,
comprobando se estas transformacións deixan ou non invariantes as propiedades termodinámicas dos
buracos negros. Por outra banda, estúdase tamén a entropía de entrelazamento holográfica cando aparecen
termos de orde superior na curvatura. Logo de propoñer unha reescritura do correspondente funcional máis
sinxela e práctica, probando a súa equivalencia coa versión previamente coñecida na literatura, obtéñense os
funcionáis para diversas teorías, e utilízanse para calcular os termos universais correspondentes a diferentes
rexións na teoría de campos conforme (CFT) dual