Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia

Abstract

Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e InnovaciónO cambio climático é unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas que enfronta a humanidade actualmente. A ameaza do cambio climático, de causas antropoxénicas, é de tal magnitude que mesmo a supervivencia do modelo de civilización humana actual está en perigo. Galicia e, en especial a industria galega, ten o seu papel na contribución ao quecemento global. Ante esta ameaza a nivel global, iniciativas e accións a nivel global téñense adoptado nas últimas décadas. Entre elas cabe destaca-lo acordo de París, ao que está comprometida España, cuxo obxectivo é limita-lo quecemento global a menos de 2 ºC por enriba de niveis preindustriais e acometer esforzos para limitalo a 1,5 ºC. A maiores, varios instrumentos e iniciativas políticas téñense establecido e posto en marcha recentemente para coordinar e planifica-la descarbonización da economía na Unión Europea, en España e en Galicia. Non obstante, actualmente non existe ningunha senda ou estratexia que estableza de modo exhaustivo unhas directrices a longo prazo para descarboniza-la industria galega de forma coherente co obxectivo climático de 1,5 ºC; tampouco na literatura científica. Esta investigación pretende cubrir ese vacío centrándose concretamente nas industrias intensivas enerxeticamente que rexistraron emisións de gases de efecto invernadoiro (en adiante GEI) no Rexistro PRTR (en adiante IIE galegas) por dous motivos principais: estas industrias concentraron o 84,42% das emisións GEI da industria manufactureira e o 12,88% do total de emisións GEI en Galicia no período 2015-2019 (segundo datos do Rexistro PRTR) e, en segundo lugar, este tipo de industrias teñen recibido especial atención na literatura científica sobre descarbonización industrial recentemente, constituíndo a menudo un único obxecto de estudo conxuntamente

    Similar works