Matemáticas e Estatística II

Abstract

Apuntes que reflicten os conceptos básicos da inferencia estatística para o Grao de Farmacia.Nestes apuntes preséntanse os conceptos básicos da inferencia estatística. Determinámo-las fórmulas dos intervalos de confianza para a media de poboacións normais, para proporcións, para diferencia de medias de poboacións normais, e para diferencia de proporcións. A continuación discutímo-los conceptos fundamentais e o procedemento para realizar contrastes de hipóteses sobre medias de poboacións normais, proporcións, diferencia de medias de poboacións normais, e diferencia de proporcións. Estúdase o procedemento para realizar unha proba chi cadrado para táboas de continxencia. Finalmente preséntanse os conceptos básicos para realizar un axuste linear polo método dos mínimos cadrados

    Similar works