Características básicas do sistema detector

Abstract

Titulación: Grao de Óptica e Optometría -- Materia: Óptica Visual e PercepciónO proceso da visión pode dividirse en 3 etapas: 1. Formación da imaxe, o ollo funciona como un sistema óptico que forma imaxes dos obxectos exteriores sobre a súa parte posterior: a retina. 2. Adquisición da imaxe, i.e. a transdución dos sinais ópticos en sinais neurais, que se leva a cabo nas células fotorreceptoras da retina. 3. Tratamento das imaxes, que se realiza en parte na propia retina, mais fundamentalmente no córtex visual. Estas 3 etapas permiten que o noso sistema visual constrúa, en tempo real, unha representación mental do mundo exterior, elaborada coas imaxes que se están formando continuamente nas nosas retinas, mais tamén e dun xeito decisivo, con outra información que ten almacenada o noso cerebro correspondente a imaxes retinianas anteriores. Esta representación mental depende loxicamente das características físicas e fisiolóxicas do noso ollo, especialmente da nosa retina. Nos temas I a V estúdase a primeira etapa da visión , entanto os temas VI a IX están dedicados as otras dúas etapas. Cómpre esclarecer que a adquisición e o tratamento das imaxes están íntimamente ligados, e o seu estudo resulta moi complexo e necesariamente multidisciplinar, para o cal é preciso utilizar coñecementos e técnicas de varias disciplinas da física, da medicina e da psicoloxía. O presente tema serve como unha introducción a esta difícil e apaixonante materia. Está divido en 4 seccións nas que se estudan: — a retina humana dun punto de vista funcional; — a fotometría, i.e. a ciencia da medida da radiación electromagnética por un fotodetector particular, o ollo humano; — a iluminación retiniana, como se calcula en función da fonte de luz e a súa relación coa pupila; e finalmente — a notábel capacidade de adaptación do ollo a iluminación ambiental, aproveitando para presentar o concepto de limiar luminoso, absoluto e diferencial.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works