A Unión Europea e o individuo

Abstract

Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Institucións e Dereito da Unión EuropeaA unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus destinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou da Licenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas, das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballo persoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cinco horas mínimo. O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese, dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do rexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo do continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes organizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló da mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión Europea, que constitúe un modelo único de organización internacional de integración á que os estados membros atribúen o exercicio de competencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito da Unión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos. En efecto, unha das características particulares e diferenciadoras do proceso de integración europea é ter o individuo como un dos eixes de dito proceso. Por esta razón resulta necesario que os alumnos/as, coñezan as dimensións da Unión Europea que teñen unha proxección máis directa sobre as persoas. Nesa preocupación polo individuo incardínase, en primeiro lugar, o tema da protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea. Ademais, a configuración da Unión Europea como unha organización dotada de competencias de natureza política tradúcese na existencia da cidadanía da Unión como o vínculo xurídico-político propio que se estabelece entre os nacionais dos estados membros e a Unión Europea así como nunha serie de canles que garanten a participación dos cidadáns na vida política da UniónUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works