Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Licenciatura en Dereito -- Materia: Dereito Civil V. Familia e SucesiónsA unidade didáctica desenvolve unha materia propia do Dereito de familia e corresponde ao módulo sobre organización económica do matrimonio, pois as capitulacións son a manifestación máis clara do principio de autonomía da vontade en materia matrimonial. Os cónxuxes ou noivos que pensan casar en breve poden pactar, con algúns límites, sobre os aspectos patrimoniais da súa relación. O tema conecta tamén con contidos doutras materias da titulación, como Dereito Civil I, no que se estuda o negocio xurídico, do que as capitulacións matrimoniais constitúen unha especie, pois é un negocio xurídico-familiarUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic