As penas privativas de liberdade

Abstract

Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Dereito penal IA unidade didáctica as penas privativas de liberdade está destinada aos alumnos de segundo curso da Facultade de Dereito e forma parte do terceiro bloque, sobre as consecuencias xurídicas do delito, da materia Dereito penal I. No que atinxe á súa duración, serán precisas 3 horas de clases expositivas e outras 3 prácticas ou interactivas, pero ademais serán necesarias 2 horas para un café-coloquio, 4 para un videofórum, 8 para a realización individual dun comentario a unha resolución xudicial, 12 para a elaboración de traballos en grupo e outras 12 para a realización dunha memoria final. Partindo destas premisas a presente unidade didáctica pretende afrontar xuridicamente o estudo das penas privativas de liberdade, que constitúen as sancións máis graves de todo o Ordenamento xurídico. Concretamente, analizarase a regulación no Código penal (CP) da prisión, a localización permanente e a responsabilidade persoal subsidiaria por non pagamento da multa, a súa aplicación xurisprudencial e as discusións da doutrina ao respecto. Asemade, a crise da pena de prisión fará precisa a busca de alternativas que se atoparán en institucións como a suspensión e a substitución, que serán abordadas en segundo termo. En síntese, cando se estuda a prisión e os seus substitutivos analízase o alicerce mesmo do Dereito penal, estase volvendo constantemente aos seus principios básicos, o fundamento e os fins da penaUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works