Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza

Abstract

Traballo Fin de Grao Administración e Dirección de EmpresasO presente Traballo de Fin de Grao, que consta de 9.997 palabras, estuda o obxectivo pobreza encadrado na Estratexia Europa 2020. Dende os anos 70 do século XX, as institucións europeas foron aplicando diferentes plans de loita contra a pobreza até a actual estratexia desta década, a cal procura un crecemento “intelixente, sostible e integrador”. Os cinco principais obxectivos da Europa 2020, entre os que se atopa rescatar da pobreza a máis de 20 millóns de persoas en comparación co ano 2008, están complementados cunha serie de mecanismos de control tanto a nivel europeo como nacional. Para medir o obxectivo pobreza, Europa 2020 utiliza un indicador multidimensional produto da transformación que experimentou ao longo das décadas a definición de pobreza: a taxa AROPE. Este indicador ten en conta os seguintes tres factores: risco de pobreza, privación material severa e baixa intensidade laboral do fogar..

    Similar works