Deseño de novos materiais compostos poliméricos de baixo impacto ambiental para dispositivos 'Energy Harvesting'

Abstract

Traballo fin de mestrado (UDC.EUP). Eficiencia e aproveitamento enerxético. Curso 2019/2020[Resumo] Os obxectivos que se pretenden conseguir no presente traballo son os seguintes: - Coñecer o espectro de materiais poliméricos para ser utilizados nos dispositivos ‘Energy Harvesting’. - Clarificar as características técnicas en función do tipo de enerxía ambiental que poidan captar os distintos dispositivos e o seu impacto medioambiental mediante un rigoroso estudo bibliográfico. - Facer unha revisión crítica da bibliografía científico-técnica recente sobre o uso de materiais poliméricos nos dispositivos ‘Energy Harvesting’, que inclúa unha descrición profunda dos polímeros ou compostos poliméricos máis utilizados, as súas características técnicas, vantaxes e desvantaxes fronte a outro tipo de materiais usados neste tipo de aplicacións. - Á vista da bibliografía consultada, o estudante deberá describir os obxectivos da futura investigación neste campo para ampliar o coñecemento do que se dispón actualmente.Traballo fin de mestrado (UDC.EUP). Eficiencia e aproveitamento enerxético. Curso 2019/202

    Similar works