Dadas as naturais limitacións de espazo, os apartados desta contribución serán
necesariamente sumarios. En primeiro lugar, daranse unhas notas sobre o nacemento
do reino de Portugal e o establecemento progresivo dunha fronteira que
o afasta de Galicia. No segundo apartado reflexionarase sobre o propio concepto
de espazo fronteirizo, as relacións que se tecen entre os dous lados da Raia e as súas
implicacións lingüísticas, exemplificadas sobre todo co clásico estudo de Maria
José de Moura Santos. A terceira sección dá conta das reflexións dalgúns lingüistas
portugueses contemporáneos sobre o estatuto do galego e do portugués.
O cuarto capítulo quere comentar diferentes materiais lingüísticos ou bibliográficos
que poden ser de interese para o estudo dos falares portugueses setentrionais,
mentres que o quinto está consagrado á (breve) presentación de diferentes proxectos
e traballos, desenvolvidos desde Portugal nos últimos dez anos, dedicados ao estudo do portugués setentrional e, na maioría dos casos, ao establecemento de comparacións coa lingua falada do outro lado da RaiaMinisterio de Ciencia e Innovación (Goberno de España) e Fundação para a Ciência e a Tecnologia (Goberno de Portuga