research

Effectiveness of physiotherapy in the prevention of hamstring muscle injuries in athletes: a review of the literature

Abstract

[Resumo] INTRODUCIÓN: as lesións dos isquiotibiais son unha das lesións musculares que presentan máis incidencia no ámbito do deporte. Aínda que na actualidade existe bastante documentación sobre o tema a incidencia das mesmas non diminúe. Nos últimos anos varios estudos levaron a cabo diferentes intervencións de fisioterapia para diminuír o risco das lesións de isquiotibiais. Sen embargo, queda por esclarecer si na actualidade existe a suficiente evidencia que sustente a aplicación destas técnicas na prevención de lesións de isquiotibiais. OBXETIVO: determinar a efectividade da fisioterapia na prevención das lesións de isquiotibiais en deportistas. Tamén se pretende avaliar cal é a intervención de fisioterapia máis efectiva e a que presenta máis adherencia; a duración óptima dun programa; e a efectividade da mesma na redución da severidade das lesións. MATERIAL E MÉTODOS: a busca de información realizouse nas bases de datos Pubmed, PEDro, Scopus, Sport Discuss entre os meses de marzo e maio do 2015. A calidade metodolóxica foi avaliada mediante a escala PEDro. RESULTADOS: o resultado da busca nas bases de datos Pubmed, PEDro, Scopus e Sport Discuss aportou 10 artigos que cumprían os criterios de inclusión. Dispoñemos de 5 ensaios controlados aleatorios, 1 ensaio controlado, 1 estudo de series de casos, 2 estudos de cohortes prospectivos e 1 estudio de casos e controis que presentan unha puntuación media de 3.2/10 na escala PEDro. CONCLUSIÓN: atopouse unha evidencia forte na diminución da incidencia do número de lesións de isquiotibiais empregando diferentes modalidades de fisioterapia. Demostrouse que os protocolos de excéntrico son a intervención de fisioterapia máis efectiva na prevención de lesións de isquiotibiais en deportistas. O programa que presenta a duración óptima non se puido determinar debido á heteroxeneidade dos datos. Ademais o programa con maior adherencia e o que produce unha maior diminución da severidade non se puideron determinar debido á evidencia contraditoria que presentan os estudos. .Traballo fin de grao (UDC.FCS). Fisioterapia. Curso 2014/2015

    Similar works