A tradición de Dares Frixio no Medievo hispánico

Abstract

O punto central deste traballo será analizar a presenza da obra de Dares Frixio, De excidio Troiae Historia, na Chronica ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa . En segundo lugar, tentar explicar o porqué do uso de Dares na súa obra e, se é posible, intentar filiar textualmente con algunha das familias coñecidas da tradición manuscrita de Dares o texto que empregou Gonzalo para incluílo na súa obra, que se atopa no manuscrito P. I. 4 da Biblioteca de El Escorial. Para esta tarefa levarase a cabo a transcrición paleográfica dos folios do devandito códice onde detectamos a presenza do autor, estes abranguen concretamente dende o folio XXXI r-b ata o folio XXXVII r-a

    Similar works