Literatura infantil e xuvenil. Feminismo

Abstract

A literatura infantil e xuvenil galega desenvólvese no século XX e as mulleres autoras, como en todos os ámbitos do saber, destacan polo seu labor de resistencia, a contracorrente ou de actuación illada –e por iso destacada– na sociedade que lles tocou vivir. Desde a década dos 40 coas primeiras obras de Pura e Dora Vázquez, malia non ser todas en galego, até os anos 90, unha serie de autoras (as devanditas irmás, Xohana Torres, Úrsula Heinze, María Victoria Moreno, etc.) viviron nunha Galicia e nunha emigración que merece ser contextualizada desde a perspectiva teórica, sociocultural e literaria. Estes territorios transitados polas mulleres son marcados por posicións de resistencia á ditadura, como tantas outras manifestacións artísticas, polo simple feito de seren mulleres intelectuais e por dedicárense á literatura infantil e xuvenil en galego. Desde os setenta coa apertura cultural e os apoios políticos e institucionais, a LIX presenta, como todo o contexto sociocultural galego, unha serie de fitos en canais de expresión e situacións singulares que servirán como marco do panel sobre pioneiras na LIX galegainfo:eu-repo/semantics/publishedVersio

    Similar works