Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A arquitectura institucional do Estado no período republicano, ben como resultado
directo ou indirecto da vontade popular, exerce un rol relevante no proceso
de cambio social que arelaban amplos sectores sociais co advimento da República,
facendo patente a aplicación de novas políticas dende a óptica reformista.
Non obstante, a situación política e social vivida a nivel estatal, con tres
convocatorias de eleccións a Cortes —unha delas repetida— e unha constante
fluctuación na composición dos gobernos debido á inestabilidade das coalicións
estabelecidas, reproducíndose sucesivas crises; dará como resultado unhas institucións
en constante interinidade e escasamente representativas da soberanía
popular: os vaivéns de gobernadores civís de distinto signo político segundo a
conformación do goberno levarán á modificación das xestoras provinciais e locais,
debido á demora dunha lei de réxime local e da convocatoria de eleccións
municipais.Universidade de Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Real Academia Galeg